ESTE ANO TAMÉN SE CUMPRIRON 25 ANOS DA DISPUTA DA FASE DE ASCENSO A SEGUNDA DIVISIÓN

Tamén este 2017 se cumpriron 25 anos do maior logro, o teito, do primeiro equipo pontés, que fora xogar a fase de ascenso a Segunda División do fútbol español, para tentar situarse entre os 40 mellores equipos de España.

233

Tamén este 2017 se cumpriron 25 anos do maior logro, o teito, do primeiro equipo pontés, que fora xogar a fase de ascenso a Segunda División do fútbol español, para tentar situarse entre os 40 mellores equipos de España.

Nunha tempada inmellorable, o equipo pontés só quedara por detrás do Salamanca (53), Lugo (48) e Sporting de Gijón B (47).
Ocuparan a cuarta praza con 45 puntos. Por detrás quedaran históricos coma Ourense e Leonesa (44), Pontevedra (39), Numancia de Soria (37), ou Ponferradina (34).

Aquel ano descenderan, o Lalín, a pesar de empatar a 34 puntos co propio equipo leonés, Tudelano e Logroñés B, baixou polo peor goal average dos catro. Tamén baixaran o Deportivo B (31), Xuventude de Cambados (26), e Mosconia de Grado (21).
Grandes resultados daquel ano foran un 2-0 ó Numancia, 2-0 ó Deportivo B, ou o 0-1 ante o Deportivo B, 0-1 en Pasarón, 0-1 no Couto, ou 1-1 no Anxo Carro e 0-0 en Ponferrada.

No lado negativo sorprendera un 0-1 no Poboado ante o último clasificado Mosconia, mesmo resultado que se deu contra o Lalín. Pero, o equipo pontés, despois de perder co campión Salamanca 4-0, tivo unha gran racha de cinco vitorias e dous empates, incluído un 4-2 ante o Pontevedra no Poboado na derradeira xornada un 24 de Maio, que permitiu xogar a fase de ascenso.

Xa na fase de ascenso, que o equipo pontés tomou como un premio, apenas se conseguiron dous empates, ante Yeclano (1-1) e Manlleu (0-0), e catro derrotas, iso si, non moi avultadas, ante o Atlético Marbella (2-0 e 0-1), en Yecla (2-0) e Manlleu (2-1).

Ascendera definitivamente o equipo andaluz, con 9 puntos, por diante de Yeclano (7) e Manlleu (6), sumando os ponteses dous puntos. Os outros ascendidos ese ano foran o Badajoz, Villarreal e Lugo.

Aquel ano foran os porteiros, Carou, Zapata e Picos, e na defensa estaban, Quique, o mítico Salido, 15 tempadas no primeiro equipo, o que máis, Carlos, Suso, Alberto e Ismael.

Na zona media estaban o pulmón Ramiro, Alfredo, Ramón, o talento de Nando, Fernández, e o tristemente falecido Ángel Fontao. Xa arriba estaban Alfonso, Pradera, Kiko Rey e Juan Luis. Adestraba Luis Rodríguez Vaz, axudado por Rebolo.

Destacaron sobre maneira dous xogadores, o porteiro Carou, que despois do seu paso por As Pontes, do que marchara a finais de Xaneiro, xogara no Rayo Vallecano, Valladolid, na Liga Estadounidense e tamén na portuguesa.

Outro fora Kiko Rey, que aquela tempada marcara 16 goles, practicamente un tercio dos anotados, e que logo xogara no Salamanca en Primeira, ou Almería, Éibar, e Logroñés, en Segunda.

De feito os goleadores aquela campaña foran o propio Kiko (16), Ramiro (7), Alfonso e Nando (6), Pradera, Carlos e Juan Luis (3), Salido e Alfredo (2), Alberto e Ramón (1), e tres en propia meta.

A esta magnífica tempada, en Segunda B, só se lle asemella unha sétima praza na 1988-89, de luxo, pois o equipo só acabou por detrás de Bilbao B, Baracaldo, Ourense, Avilés, Lugo e Pontevedra, ou unha décima praza no seu estreo na categoría, na 1987-88.

Nesa tempada do estreo curiosamente o equipo pontés vencera 0-2 na casa do Campión dese ano e hoxe en día na Primeira División, Éibar (0-2). Nas outras seis campañas na Segunda B o equipo, loxicamente, loitara por salvar a categoría.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios