FINAL TROFEO CONCELLO DE XERMADE. SDC ROUPAR 2 – SDC CABREIROS 3

O Cabreiros gañou o torneo tras vencer ó Cazás en semifinais e ó local Roupar na final

1.337

Este martes festivo á tarde disputábase no Campo de Roupar a final do Trofeo do Concello de Xermade.

Nel participaban todos os equipos do Concello lucense, agás o Momán, que so ten equipo de veteranos.

Á final chegaron, tras vencer a Xermade e Cazás respectivamente, o equipo locatario do Roupar e o Cabreiros, gañando os visitantes 2-3. En ambos equipos había vellos coñecidos do fútbol pontés.

No Roupar estaba de adestrador o gran Diego Dopico, e de xogadores, entre outros, o habitualmente porteiro Alex, Mourín, Amady, o ex arqueiro Jacobo Barro, e o motociclista 15 veces Campión Galego, Ismael Veiga. Tamén había varios xogadores do Barbarroja, equipo Campión da Copa Local de Fútbol Sala.

No Cabreiros estaban, entre outros, Óscar Ferreiro, Cristian, Totti, Gonza, Vicente, Marcos Novo, Alex Fresco, Santi Barro e o autor de dous dos tres goles que deron o ascenso ó equipo xuvenil a División de Honra, Víctor Iglesias.

Antes do remate do primeiro tempo puxo terra de por medio o Cabreiros. Descolgase Pepe ó segundo pau, e bate ó porteiro de forte disparo por baixo (41´). Noutra gran xogada do capitán Pepe, con pase da morte incluido, anota libre de marca Vicente Pardiño (44´).

Entrou con brío o conxunto locatario no segundo tempo, e nun tiro moi lonxano que sorprendeu ó cancerbeiro visitante por alto recurtaba distancias Couso (62´).

Pepe volvía a poñer distancia de por medio tras anotar un penalti de tiro raso tras un derrubo do porteiro local a un xogador branquiazul (76´).

Pero non se daban por vencidos os verdes, e así, tras un córner, marca a media volta Esteban, entrando o balón por riba, por onde non pode chegar o gardamallas do Cabreiros (82´).

O equipo local seguiu buscando o empate pero non houbo tempo para máis e definitivamente o Cabreiros foi o vencedor deste torneo.

Ó remate do encontro, o Alcalde de Xermade, Roberto García, e as distintas autoridades entregaron os trofeos a campión e subcampión, e tamén o terceiro e cuarto clasificados, Xermade e Cazás, respectivamente.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios