O EQUIPO FEMININO COMEZA A SÚA PRETEMPORADA

Fíxoo ás ordes de Julio Montero, e de momento, con 14 xogadoras.

708

O CD As Pontes Feminino comezou a súa pretemporada onte mércores. Despois dunhas palabras do director deportivo de base, Iván Rodríguez, e do Presidente, Xaime Castro Paz, as rapazas comezaron o seu primeiro adestramento ás ordes de Julio Montero.

Onte foron catorce, dez que xa estaban o ano anterior, Yoli, Carlota, Paula Castro, Noelia Ameneiro, Alba, Indira, Yara, Carolina Rodríguez, Carolina Paz e Xeila. Agardase que polo menos outras tres ou catro rapazas máis se vaian incorporando ós adestramentos nos vindeiros días.

Son novas, Uxía, Nerea, Tania, procedente do Xermade FS, e unha vella coñecida como Sara, procedente do UD Ourense, e que xa estivera no equipo feminino nos seus inicios.

O equipo comezará a Liga nun mes, o 17 de Setembro e finalizará o 6 de Maio. A Copa comezará unha vez rematada a competición ligueira, coma ven sendo habitual. Este ano participarán 16 equipos, e no 17 coma o curso anterior.

Seguen da campaña pasada, o campión, Cultural Maniños, e Racing de Ferrol, As Pontes, O Val B, Galicia Caranza, San Sadurniño, Amistade de Meirás, Perlío, Santa Mariña, Rápido de Neda, Galicia de Mugardos, Eume Deportivo, Cebarca, Cariño e A Capela.

Se xa hai dous anos deixaron a competición CD Narón e Ortigueira, entrando o Eume Deportivo, agora é novo o equipo Discalzas SD, e non seguen o histórico Mandiá e o Cedeira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios