CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2017/18: PARTIDOS 2-3 / SETEMBRO /2017

Segunda xornada de liga e primeira visita do Sofán ó campo do Poboado

323

Mal comezaron as cousas para o As Pontes no seu regreso á preferente galega logo de sete anos na Terceira División. Primeiro partido de liga e derrota ante o Dumbría, equipo recén ascendido á categoría, nun partido que, segundo a acta arbitral, debeu durar máis de 130 minutos e no que comezou marcando o cadro das Pontes por medio de Eloy, pero os locais remontaron con goles de Marcote –a pasada tempada no As Pontes- e Yuyo, mediada a segunda parte.

Parece que ó cadro das Pontes non sentan ben segundas partes e ó final perde os puntos que ten logrado antes, incluso no tempo engadido. Non cabe dúbida de que haberá que cambiar o “chip” ó equipo para que as cousas vaian a mellor. Aínda hai tempo.

Vén por primeira vez a As Pontes o Sofán, equipo da parroquia carballesa do mesmo nome e con tan só 1.500 habitantes, que na primeira xornada venceu por 1-0 ó San Tirso de Mabegondo. Fundado en 1979 e sempre en categorías rexionais, con esta leva dúas na preferente galega.

Un SD Sofán que conta nas súas filas con Pablo Domínguez (4 tempadas no As Pontes), un bo defensa e carrileiro pola banda esquerda, e o arxentino Matías Navarrete, que fixo a pretempada pasada no As Pontes. Ademais, ten un bo porteiro, Rumbo, que o vindeiro 2 de setembro cumprirá 20 anos. Procede do Cerceda, agora na 2ª División B ó mercar a praza do Boiro, que baixou de categoría por impago.

XUVENIL E CADETE

Por outra banda, sinalar que esta fin de semana comezan a competición os equipos xuvenil, que correspóndelle descansar, e o cadete, que recibe no Poboado ó Perlío.

PREFERENTE GALICIA 2017/18 Grupo 1º (2ª)
C.D. AS PONTES – S.D. SOFÁN
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 3 de Setembro de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: DAVID JIMÉNEZ JIMÉNEZ (Lugo)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES (Descansa)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 2 de Setembro de 2017 (11:30 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios