COPA DE GALICIA. RIBEIRA FS 3 – O ESTEO FS 4

O equipo pontés enfrontarase ó Prone de Lugo

352

O Esteo pontés de Fútbol Sala logrou unha apurada clasificación para a seguinte rolda da Copa de Galicia, na que xogará contra o Prone de Lugo, de Segunda División.

Onte venceu 3-4 ó Ribeira FS, de Piquín, a tres minutos do final e tras remontar un 3-2 ó descanso. O equipo lucense era unha dura pedra, cuarto clasificado da Terceira galega a campaña anterior e como se agardaba non puxo ás cousas nada doadas.

No encontro xogado no Pazo dos Deportes de Lugo, adiantábanse os locais ó pouco do comezo, pero Juan Cruz e o ex xogador local Gago poñían o 1-2, aínda que pronto empataba o Ribeira e preto do descanso poñían o 3-2 no marcador.

Xa no inicio do segundo tempo voltaba a marcar Juan Cruz e a pouco do final era Héctor o que daba o pase á seguinte rolda.

Xogaron Jesús, Cruz, Martín, Pana, Rober, e tamén Héctor, Dani, Gago, Ayala, Ayrton e o canteirán Andi.

Antes deste encontro, o equipo pontés tivo un amistoso o sábado contra o Concello de Begonte, ó que derrotou 1-2 con tantos de Rober Paz e Dani. O Esteo presentase ante a súa afección o día 6 ante o Burela, aínda que previamente xogará contra o Pontedeume.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios