DOBLETE PONTÉS EN RIANXO

Nesta ocasión Fran Pico quedou por diante de Pablo Castro.

393

A última fin de semana de Agosto disputouse no Concello de Rianxo a cuarta proba do Campionato Galego de Rally Slalom.

E coma non, voltou a ter protagonismo pontés, co primeiro e segundo escalón do podio copado polos pilotos do As Pontes Motorsport.

O mellor nesta ocasión foi Fran Pico, o único dos 28 pilotos que logrou baixar dos dous minutos, concretamente cun tempo de 1:59:42.

A segunda posición foi para Pablo Castro, que parou o crono en 2:00:48. A terceira posición foi para Joel Souto, xa con 2:03:66.

Na proba de Valga, desputada a finais de Xullo, vencera Castro, e terceiro fora Pico, quedando entremedias Joel Souto, polo que os dous pilotos ponteses repartense as catro vitorias, triunfando Pablo en Moeche e Valga, e Fran en Sarria e Rianxo.

Na xeral, a falta de tres probas, e dado que o terceiro clasificado está a máis de 400 puntos, semella que só eles dous pelexarán polo título. De momento Pablo suma 1024 puntos e Fran 936.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía As Pontes Motorsport.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios