CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2017/18: PARTIDOS 8-9-10 / SETEMBRO /2017

Despois de 24 anos, As Pontes e San Tirso volven a enfrontarse, na mesma categoría, no campo do Monte de Mabegondo

262

A derradeira confrontación no terreo de xogo do San Tirso foi o 11 de setembro de 1983, xusto 24 anos despois, con vitoria do entón CD Endesa As Pontes por un solitario gol anotado por Aneiros. Nesa tempada 1983/84 o Endesa As Pontes lograra o segundo ascenso á Terceira División ó gañar a promoción ó CD Rúa (0-0 no Poboado e 1-2 no Aguillón) e o San Tirso descendera de categoría.

Os dous anteriores choques na Preferente foron triunfos dos ponteses, 4-3 (81/82) e 3-1 (82/83). A finais da década dos setenta houbo outros tres encontros oficiais no campo do Monte, pero en Primeira Rexional, con vitorias do San Tirso nos tres, 4-2 (78/79), 2-0 (79/80) e 4-0 (80/81).

O San Tirso, fundado en 1940, retorna á Preferente logo de tres tempadas na Primeira Galicia, e disputar a promoción de ascenso co Agolada, con empate a un gol no campo do Hospitalillo e vitoria clara e contundente no Monte por 6-1. Na presente leva un punto ó empatar a un gol no seu campo co Atlético Escairón. Na primeira xornada perdeu co Sofán (1-0), equipo que caeu claramente derrotado por 4-0 no Poboado o pasado domingo.

PREFERENTE GALICIA 2017/18 – Grupo 1º (3ª)
SAN TIRSO S.D. – C.D. AS PONTES
CAMPO DO MONTE (San Tirso de Mabegondo)
Domingo 10 de Setembro de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: JORGE MÉNDEZ LÓPEZ (Lugo)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª Fase (Grupo A)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 9 de Setembro de 2017 (18:00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª Fase (Grupo A)
RACING SAN PEDRO CF – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Ferrol)
Venres 8 de Setembro de 2017 (18:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios