AMIGABLE. O ESTEO FS 0 – CD BURELA FS 3

O equipo pontés xogou uns mois bos 39 minutos ante o equipo lucense de Segunda División.

469

Na tarde noite de onte presentábase ante a súa afección o Esteo pontés de fútbol Sala, que xogou uns moi bo partido, deslucido nos últimos instantes.

Chegaba a As Pontes o CD Burela FS, equipo que a pasada tempada militaba na Primeira División, categoría á que agarda retornar. Convocou Juanma Marrube a 14 xogadores para este encontro, entre os que non estaba o porteiro titular das últimas campañas, o naronés Edu, e tampouco o gran Jorge Matamoros, que fora Campión do Torneo Catro Nacións 2010 coa Selección Española, tras vencer a Xapón, Rumania e Italia.

Por parte local, Javi Saa convocou a 12 xogadores, entre os que non estaban Javichu, Pana e Diego Pellón.

Na primeira metade apretou o cadro lucenese pero o encontro marchou con táboas ó descanso gracias ás boas intervencións de Jesús.

No comezo do segundo tempo, tras un saque de banda, marca de primeiras Luisma, ex do Ribera Navarra (25´), e puido ampliar o tanteador o brasileño Kelson, nun balón que lle queda morto e dispara ó pau (29´), ou nun disparo atallado a Chus cunha man prodixiosa de Jesús (31´).

O partido camiñaba cara un moi bo 0-1 para o cadro local, que tivo un último minuto moi malo, que desluciu o cometido do encontro, que era o de presentarse ante a afección coa mellor imaxe e resultado posible.

Con porteiro xogador os locais, os lucenses marcaron dous goles a porta baleira, por medio do ex do Palma, Colacha, e incluso se viu un tiro ó pau de Víctor nun balón que se colaba, todo elo en apenas 40 segundos.

O Esteo visita ó Ribeira esta fin de semana, para despois recibir ó Prone de Lugo no encontro da Copa de Galicia.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Jesús, Dani, Juan, Gerardo, Rober Paz – cinco inicial – Sergio, Andi, Martín, Héctor, Ayrton, Gago, Ayala.
CD BURELA FS: Alex, Hélder, Chus, Cora, Pope –cinco inicial- Víctor, Luisma, Colacha, Renato, Nito, Pitero, Mini, Jose, Kelson.
ÁRBITROS: Valentín Precedo García, Jose Rey Hermida, María Rey Hermida (Santiago).
GOLES: Min. 25 (0-1), Luisma. Min. 39 (0-2), Colacha. Min.40 (0-3), Colacha.
INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios