COPA DE GALICIA. O ESTEO FS – AD PRONE LUGO FS (4-2)

Triunfo de prestixio do equipo pontés ante un histórico do fútbol sala

548

Triunfo de prestixio do Esteo pontés de Fútbol Sala 4-2 nos oitavos de final da Copa de Galicia ante o histórico Prone de Lugo.

O equipo lucense, antigo Azkar, militou 14 campañas na Primeira Divisón, ademáis de gañar a Recopa de Europa en 2006, e polo equipo pasaron xogadores como Fernandinho, Orol, Riquer, Marcelo, Adri, Dudu Morgado, Pipe ou Werner, entre outros moitos.

Comezaba adiantándose o conxunto pontés nunha xogada na que o tiro de Rober Paz supera ó defensa baixo paus do Prone (6´). Pero pouco durou a ledicia pois Javito lograba pouco despois bater de tiro raso a Jesús colandolle o balón entre as pernas (7´).

De aí ó descanso resaltar un tiro ó poste de Martín (10´) e outro ó longueiro de Villoria (18´), ata que faltando once segundos, nunha boa xogada de equipo, pasa Rober Paz a Ayala que chega só o segundo pau e pon o 2-1 antes do descanso (20´).

Saiu con todo o equipo lucense no segundo período, e no primeiro minuto, un tiro de Manuel María, é rexeitado por Jesús, con tan mala fortuna que rebota no corpo do xogador visitante que acaba quedando só e anotando a porta baleira.

Achuchou nestes primeiros instantes o cadro lucense, con varias boas intervencións de Jesús, ata que nun potente disparo de falta de Martín Otero, o Esteo voltaba a poñerse por diante (28´).

Antes de xogar con porteiro-xogador os visitantes resaltar un tiro ó poste de Javito (32´), e preto do final, tras varias ocasións dos locais, tras recuperar unha bola Martín en media pista cédella a Gerardo, que acaba marcando de tiro cruzado (38´) a sentenza e o pase do equipo pontés a cuartos de final.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Jesús, Juan Cruz, Héctor, Rober Paz, Ayala – cinco inicial – Dani, Martín, Gerardo, Gago.
AD PRONE LUGO FS: Sergio, Pablo, Manuel, Villoria, Manuel María –cinco inicial- Óscar Iglesias, Javito, Porto, Luis Longo, Castilla, Monín.
ÁRBITROS: Raquel Manteiga, Borja Moreira, Begoña López (Coruña-Ferrol). Amarelas a Jesús, Dani, Javito, Porto e Manuel María.
GOLES: Min. 6 (1-0), Rober Paz. Min. 7 (1-1), Javito. Min.20 (2-1), Ayala. Min. 21 (2-2), Manuel María. Min. 28 (3-2), Martín. Min.38 (4-2), Gerardo.
INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios