AMIGABLE. CR FENDETESTAS 12 – MIKES CALZADA RUGBY 49

O equipo pontés presentábase este sábado ante o conxunto asturiano.

300

O equipo pontés de Rugbi, Fendetestas, xogou este sábado no Monte Medulio o seu primeiro encontro da tempada. Fíxoo ante o conxunto xixonés de La Calzada, da Liga Asturiana.

Os ponteses chegaron a poñerse por diante ata en dúas ocasións, pero os asturianos marcharon con ventaxa de 12-14 ó descanso.

O segundo período foi de claro dominio do equipo visitante que ampliou o marcador ata un contundente 12-49, grazas a cinco ensaios e as posteriores transformacións.

Arbitrou o encontrou o ex xogador dos verdes durante moitos anos, Kiko López, que esta tempada ademais de arbitrar, adestrará ao Santiago.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios