SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS-CU OURENSE COOSUR B.

O equipo pontés inicia a Liga este sábado ás 16:30

252

Esta fin de semana comeza a Liga na Segunda Territorial Galega de Rugbi de cara á nova tempada 2017-18.

Os verdes teñen os mesmos rivais do ano pasado, o campión Crat A Coruña B, e o terceiro, e equipo que eliminou ós ponteses nas semifinais, Zalaeta de Arteixo. Tamén o Santiago, cuarto, Vigo B, quinto, Ourense B, sexto, e Barbanza, sétimo.

O equipo pontés do Fendetestas inicia a súa andaina este sábado no Monte Medulio, recibindo ó Ourense B.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (1ª Xornada)
CR FENDETESTAS-CU OURENSE COOSUR B
SÁBADO 30 – SETEMBRO – 2017 (16:30)
CAMPO MONTE MEDULIO

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios