SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: UNIVERSIDAD DE VALLADOLID FS-O ESTEO FS (8-4)

Segunda derrota ligueira do equipo pontés, que buscará na visita do Unión Arroyo os seus primeiros puntos.

306

Clara derrota do Esteo pontés na súa visita a Valladolid. O equipo de Javi Saa, xa perdía 4-0 mediado o primeiro tempo, e 7-1 ó descanso.

No segundo tempo, os tantos de Héctor, Ayala e Martín, que xa anotara un penalti no primeiro período, maquillaron un pouco o marcador ante un dos grandes da categoría.

Debutou en encontro oficial o porteiro xuvenil Sergio Cal. O Esteo recibe a vindeira fin de semana ó Unión Arroyo, tamén de Valladolid, equipo recén ascendido.

Terceira xornada na que ambos conxuntos buscarán sumar os seus primeiros puntos, dado que os dous comezaron a Liga con dúas derrotas, mentres os outros doce xa sumaron algún punto.

FICHA DO PARTIDO

UNIVERSIDADE DE VALLADOLID FS: David, Leal, Adri, Ofa, Miguelín –cinco inicial- Dani, Picolo, Isaac, Muñoz, Raulito, Víctor e Nacho.

O ESTEO FS: Jesús, Martín, Héctor, Rober Paz, Gago – cinco inicial – Juan Cruz, Gerardo, Ayala, Dani, Sergio.

ÁRBITROS: Ontañón Ramos (Burgos), Macías Iglesias (Ávila), Molpeceres Borge (Valladolid). Amarelas a Leal, Ofa, Picolo, Dani e Rober Paz. Expulsaron ó porteiro Jesús por doble amárela.

GOLES: Min. 4 (1-0), Dani. Min. 6 (2-0), Dani. Min.7 (3-0), Raulito. Min. 9 (4-0), Ofa. Min. 16 (5-0), Adri. Min.18 (6-0), Miguelín. Min. 19 (6-1), Martín, de penalti. Min.20 (7-1), Ofa. Min. 34 (7-2), Héctor. Min. 36 (8-2), Muñoz. Min.37 (8-3), Ayala. Min. 39 (8-4), Martín.

INCIDENCIAS: Pavillón Fuente de La Mora de Valladolid. Partido correspondente á segunda xornada de Liga. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios