SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – CAMPUS UNIVERSITARIO OURENSE RC COOSUR B (64-10)

O equipo pontés lidera a táboa xunto a Mareantes e Muralla.

279

O equipo pontés de Rugbi do Fendetestas iniciou este sábado o seu periplo ligueiro da mellor maneira posible, cunha vitoria rotunda ante o CU Ourense B, ó que gañou por 64-10. Ó descanso os verdes xa dominaban por 53-0.

Nesta primeira a xornada, o Muralla de Lugo venceu 41-6 ó Santiago, e o Mareantes de Pontevedra 67-5 ó Kaleido Universidade de Vigo B.

O encontro entre o Zalaeta e Barbanza xogarase o 16 de Decembro. Precisamente en Rianxo, e contra o equipo barbanzano xogará o Fendetestas o seu primeiro encontro coma visitante na segunda xornada de Liga.

Os verdes lideran a táboa con cinco puntos, xunto ó Mareantes e o Muralla, equipos que a pasada tempada militaban na Primeira Galega.

Anotaron os ensaios, Rober e Joel, por dúas ocasións, e un de Xose, Jabato, Iván, Antón e Toño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios