LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

O campión de Copa, Muebles Eume, lidera a táboa xunto a outros catro equipos

494

Esta fin de semana iniciouse a nova tempada da Liga de veteranos local, e comeza como líder, polo goal average, o campión de Copa de hai uns meses, o Muebles Eume, que venceu 5-1 ó MMYPEN.

Lidera a táboa con tres puntos xunto a Mav Abogados, novo equipo na Liga, Galiorient, La Galaxia e As Pontes 74. Curiosamente non continúa na Liga o campión da edición anterior, o Fisioterapia DC – Him&Her.

Comezan liderando a táboa de goleadores Narciso e Juan Diego, do Mav Abogados, e Kibu, do Muebles Eume. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Antón Ferreiro, fotógrafo os últimos anos da Liga de Veteranos.

1ª XORNADA
FARMAVIDA-AS PONTES 74 (1-2)
ELECTRICIDAD J&O-MAV ABOGADOS (0-4)
MUEBLES EUME-MMYPEN (5-1)
A CEPA-GALIORIENT (2-4)
BAR JARDÍN-LA GALAXIA (2-3)

MÁXIMOS GOLEADORES
NARCISO E JUAN DIEGO (MAV ABOGADOS), KIBU (MUEBLES EUME) – 2 GOLES –

Nova cortesía Tino Prieto e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios