O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés de fútbol sala buscará sumar os seus primeiros puntos este sábado

244

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo xoga este sábado ás 18:30 o seu terceiro encontro ligueiro, recibindo ó Unión Arroyo de Valladolid, campión do seu grupo de Terceira o ano pasado; categoría na que levaba apenas tres campañas consecutivas; e novo na categoría.

Ambos conxuntos chegan a este encontro como os dous únicos sen puntuar, xa que os ponteses caeron 3-5 ante o Benavente e 8-4 ante o Valladolid, e por parte vallisoletana, caeron 4-5 ante o Xove na primeira xornada e 8-3 ante o Atlético Benavente na segunda.

SEGUNDA DIVISIÓN B (3ª xornada)
O ESTEO F.S. – CD UNIÓN ARROYO FUTSAL
Sábado 7 – Outubro – 2017 (18:30)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios