PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 6-8 OUTUBRO

O CD As Pontes recibe ó Ordes na sétima xornada de Liga

212

As Pontes e Ordes, sexto e quinto clasificados de Liga respectivamente enfrontanse este domingo no Poboado.

Ambos equipos buscarán un triunfo que; dado que hai enfrontamentos entre equipos da zona alta, como o Paiosaco-Dubra; os sitúe entre os catro primeiros, que en maior ou menor medida pelexarán polo ascenso ó final de Liga

Azuis e verdes son vellos coñecidos. O ano pasado, no que ambos descenderon de Terceira, resultados de 2-1 e 0-1 a prol dos ponteses. Nos enfrontamentos no Poboado, 16 triunfos locais, por 5 empates e 4 vitorias visitantes, 3 delas nas sete últimas campañas que coincidiron na Terceira División.

A de peor recordo, un moi inmerecido 0-1 nas derradeiras xornadas da 2013-14, que, entre outras cousas, privou ós ponteses de xogar o play off naquela tempada tan apretada na que o Somozas quedara campión de Terceira (75), seguido de Cerceda (74) Boiro (74), Pontevedra (73) e As Pontes (73).

PREFERENTE
CD AS PONTES – ORDES SD (DOMINGO 8, 17:00)

FEMININO
EFB AMISTADE DE MEIRÁS – CD AS PONTES (SÁBADO 7, 12:00)

XUVENIL
CD AS PONTES – MEIRÁS CF (SÁBADO 7, 17:00)

CADETE
SCDR GALICIA DE CARANZA B – CD AS PONTES (VENRES 6, 18:00)

INFANTIL
SCDR GALICIA DE CARANZA C – CD AS PONTES (SÁBADO 7, 12:30)

ALEVÍN
CD AS PONTES A – SRD NUMANCIA DE ARES (LUNS 9, 18:30)
CD AS PONTES B – SCDR GALICIA DE CARANZA B (SÁBADO 7, 10:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A – MEIRAS CF (SÁBADO 7, 11:10)
CD AS PONTES B – CD CARIÑO (SÁBADO 7, 12:20)

PREBENXAMÍN
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES A (SÁBADO 7, 12:00)
CD AS PONTES B – ÁNIMAS SCDR (VENRES 6, 18:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios