PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 13-15 OUTUBRO

O CD As Pontes visita Arteixo o domingo á mañá

243

O As Pontes xoga este domingo as 12:00 en Ponte dos Brozos contra o Atlético Arteixo.

Os de Marco Roca son quintos, dado que Ordes e Sofán gañaron nos partidos adiantados a este xoves, e necesitan sumar para non perder de vista a Polvorín e sobre todo ó líder sólido Paiosaco.

O cadro coruñés é penúltimo con cinco puntos, pero ven de sumar a súa primeira vitoria a pasada semana en Mabegondo tras gañar 0-1 ó San Tirso.

No cadro de Arteixo xoga Dapo, con pasado no xuvenil pontés, ou o fillo do ex deportivista e Campión Olímpico, Javi Manjarín.

Ambos equipos cruzáronse dúas veces en Terceira División a finais dos 90 e principios de século, con sendos empates, e posteriormente xogaron en Preferente cun rotundo triunfo local 3-0.

PREFERENTE
ATLÉTICO ARTEIXO-CD AS PONTES (DOMINGO 15, 12:00)

FEMININO
Descansa

XUVENIL
CD AS PONTES–CULTURAL MANIÑOS SD (SÁBADO 14, 17:00)

CADETE
ÁNIMAS SCDR–CD AS PONTES (SÁBADO 14, 11:00)

INFANTIL
RACING SAN PEDRO–CD AS PONTES (VENRES 13, 19:00)

ALEVÍN
UD CEBARCA-CD AS PONTES A (SÁBADO 14, 10:45)
CD AS PONTES B–EUME DEPORTIVO B (SÁBADO 14, 10:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A–CD NARÓN (SÁBADO 14, 11:10)
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES B (VENRES 13, 18:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 14, 12:20)
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (SÁBADO 14, 11:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios