Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes continuará coas concentracións pola mellora da sanidade pública

As concentracións terán lugar os vindeiros luns do mes de outubro. Tamén se iniciou unha recollida de sinaturas.

403

Esta mañá numerosos veciños e veciñas de As Pontes concentráronse ás portas do centro de saúde para pedir melloras na atención sanitaria da nosa vila e contra das políticas de recortes en sanidade aplicadas polo PP.

Dende esta plataforma veciñal facémonos eco das queixas dos asistentes, especialmente en relación co servizo de pediatría, pois non é suficiente para atender toda a poboación obxectiva da nosa localidade; agravándose a situación no servizo de urxencias, que non conta con pediatra.

A plataforma veciñal iniciou tamén unha recollida de sinaturas para denunciar “a situación de PRECARIEDADE QUE ESTÁN SUFRINDO NO CENTRO DE SAÚDE DE AS PONTES debido á carencia de medios técnicos e humanos suficientes para unha correcta atención aos pacientes:

– Persoal sanitario: non se cubren baixas nin vacacións,
– Especialidades: supresión de xinecoloxía e recorte dunha praza de pediatría
– Medios técnicos: non son os necesarios para unha correcta atención aos pacientes.

Por isto, SOLICITAMOS da Xunta de Galicia que tome as medidas necesarias para garantir un funcionamento óptimo do Centro de Saúde de As Pontes e unha atención de calidade aos veciños e veciñas , que como mínimo se ten que concretar en:

– Reposición do persoal de baixa/vacacións
– Restitución das especialidades suprimidas
– Dotación dos medios técnicos precisos”

Ata o 1 de novembro, seguiranse recollendo firmas no propio Centro de Saúde e tamén en varios establecementos da vila.

A plataforma veciñal prevé máis concentracións para os vindeiros luns do mes de outubro, no mesmo horario de 9.00 a 11.00h.

As Pontes, 16 de outubro de 2017

Xunt@s por As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios