SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: FS NATURPELLET CUÉLLAR-O ESTEO FS (4-3)

O Esteo é undécimo con tres puntos antes de recibir ó líder

225

Derrota do Esteo pontés de fútbol sala 4-3 na súa visita a Segovia. Rober Paz adiantou ós de Javi Saa ó pouco do comezo, pero os locais empataron antes do descanso.

A igualada mantívose ata os últimos minutos nos que o Cuéllar chegou algo máis fresco, pois dispuxo de once xogadores, por apenas sete dos visitantes, e puxo terra de por medio co 3-1, que recurtaba Héctor, aínda que preto do final chegaba a sentencia dos locais, que maquillou Dani co 4-3 definitivo a pouco do final.

Cuartos pola cola con tres puntos, non teñen un partido doado a vindeira semana, pois reciben ó Albense, líder con pleno de puntos.

FICHA DO PARTIDO

FS NATURPELLET CUÉLLAR COJALBA: Cano, Chuquito, David, Gonza, Piti – cinco inicial – Javi, César, Samuel, Fabi, Raúl, Jose.

O ESTEO FS: Jesús, Martín, Héctor, Rober Paz, Gago – cinco inicial – Gerardo, Dani.

ÁRBITROS: Gregorio Rodríguez, Miguel Lucas, Arranz Molpeceres (Valladolid-Zamaora). Amarelas a Chuquito, Gerardo, Rober Paz e Gago.

GOLES: Min. 6 (0-1), Rober Paz. Min. 14 (1-1), Héctor (pp). Min.33 (2-1), Piti. Min. 36 (3-1), David. Min. 38 (3-2), Héctor. Min.39 (4-2), David. Min. 40 (4-3), Dani.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Santa Clara, uns 150 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios