MIGUEL ALVARIÑO AVANZA DÚAS ROLDAS NO MUNDIAL DE MÉXICO

Competirá nos dezaseisavos de final entre os 32 mellores

261

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García alcanzou neste mércores o acceso á rolda dos 32 mellores, dos 120 participantes, tras vencer nos seus dous envites.

Coa 25º mellor marca, Miguel cruzouse no primeiro enfrontamento con Nima Wangdi, de Bhutan, 88º da previa, ó que gañou por 6-2.

Na seguinte venceu 6-4 ó xaponés Sugio Tomoki, 40 da previa, nun duelo moi igualado, no que se adiantou o nipón no primeiro set, Miguel logrou o segundo, houbo sendos empates no terceiro e cuarto, e no quinto un 27-26 de Maikel deu o pase ós dezaseisavos de final nos que enfrontará ó ruso Arsalan Baldanov, oitavo da previa.

Moi ben tamén Pablo Acha, que gañou apuradamente 6-4 ó brasileño Marcelo Costa, e 6-4 tamén ó belga Nico Thiry, e competirá contra o alemán Florian Kahllund na seguinte rolda. Miguel Ángel Pifarre perdeu co xaponés Hideki Kikuchi 3-7.

Nas mulleres, a mellor foi Mónica Galisteo, que gañou 6-2 á india Saren, e 6-0 á locataria Valencia, polo que competirá en dezaseisavos contra a francesa Brianne.

Peor sorte tiveron as outras dúas españolas. Celia Castaños venceu a estonia Parnat 6-2, pero non tivo sorte na frecha de desempate coa china Cao Hui, 5-6. Alicia Marín non competiu na primeira rolda gracias a súa boa 19ª praza da previa, pero na segunda caeu ante a arxentina Leithold 1-7.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios