RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 20-22 OUTUBRO

Vitorias de Feminino, Xuvenil, Cadete, Infantil, Benxamín B e Prebenxamín A

798

FEMININO
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (2-3)

Primeira vitoria a domicilio da campaña do feminino, que derrotou 2-3 ó Mugardos. Xeila adiantaba no primeiro tempo ás azuis, e pese a que no comezo do segundo tempo Inma empataba, dous tantos de Carlota e Paula Baamonde poñían o 1-3 que recurtaba Sheila, a dez minutos do final.

Pero o marcador non se moveu e as de Julio Montero son sétimas con 10 puntos antes de recibir ó Cebarca, undécimo.

Xogaron Leti, Andrea Pita, Carolina Paz, Indira, Noelia Ameneiro, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Lucía.

XUVENIL
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (2-5)

Oitava vitoria do equipo xuvenil, nesta ocasión en Neda, 2-5. Un tanto de penalti de Josiño e dous goles de Cazás, poñían o 0-3 antes do descanso, pero na reanudación David e Joel recurtaban distancias. No tramo final, Cristian e Óscar, poñían o 2-5 definitivo.

Con 24 puntos e a clasificación a semifinais de Copa garantizados, reciben ó Cedeira, noveno, e rematan esta primeira fase co Perlío, terceiro.

Xogaron Lino, Carlos, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cazás, Xose, Alex Barro, e despois Cristian, Fraga, Jose, Meidán e Antón Paz.

CADETE
CD AS PONTES-CD NARÓN A (3-1)

Boa vitoria do cadete ante o narón, 3-1. Adiantáronse os de Ruben pardo con tantos de Jandro e Vicente, e a pesar de recurtar distancias Iago, outra vez Vicente preto do final sentenciaba a vitoria e os tres puntos.

Son terceiros con 21 puntos, a tres de San Pedro e seis de Ánimas. Quédalles visitar ó Miño, noveno, e recibir ó Narón O Freixo, undécimo.

Xogaron Juan, Adrián, Xavi, Eyob, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan e Joan, entrando despois Andrei, Alejandro, Xoel, Mohamed e Iván.

INFANTIL
CD AS PONTES-ÁNIMAS SCDR (2-0)

Boa vitoria do Infantil 2-0 ante o Ánimas, goles no segundo tempo de Samuel Seco, e Xoel Purriños preto do final.

Xogaron Hugo Bouza, Eloy, Xose, Anxo, Samuel, Mario, Xoel, Hugo Blanco, Sergio, Diego, Luis e Íker, Francisco, Ángel, Iago e Mateo.

Lideran con 15 puntos xunto a Rápido de Neda e Portuarios, e con 13 os ferroláns. A próxima xornada reciben ó cariño. Quinto con dez.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA (1-2)
GALICIA DE MUGARDOS B-CD AS PONTES B (4-1)

Derrota do Alevín A 1-2, gol de Carlos Villasuso, ante o líder o Galicia de Caranza, que se adiantou por dúas veces. Baixan á cuarta praza con 13 puntos, a dous de Cariño, ó que visita a vindeira xornada, e Ferrol C e a cinco do equipo que pasou hoxe polos Campos do Poboado.

O Alevín B perdeu 4-1 co Galicia de Mugardos B, tanto de Miguel Dopico, e recibirá ó CD Narón B no encontro entre os dous equipos aínda sen puntuar.

BENXAMÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (2-2)
CD AS PONTES B-SD CULTURAL MANIÑOS B (10-1)

O Benxamín A empatou 2-2 co Val, e fíxoo por dúas veces, goles de Almahdi Belhaj e Xoel Vigo, dado que os valexos se adiantaron 1-0- e 2-1. Ambos equipos chegaban a este encontro con pleno de triunfos, que agora só ten o líder Caranza B, con 18 puntos, por 16 de As Pontes, que descansa a vidneira xornada, e 13 de Ánimas e O val.

Primeira vitoria, e contundente, do Benxamín B, que gañou 10-1 á Cultural Maniños B, goles de Xalo Cebreiro (3), Naul Súarez (3), Nacho Villasuso (2), Xandre Domínguez e Felipe Riveira. Cos seus tres primeiros puntos na vindeira xornada reciben ó colista sen puntuar O Val C.

PREBENXAMÍN
CEDEIRA SD B-CD AS PONTES A (1-13)
CD AS PONTES B (Descansa)

O Prebenxamín A gañou 1-13 ó Cedeira B, goles de Xoel Galego (4), Yago Romero (2), David Otero (2), Mario Lozano (2), Xalo Cascudo, Brais Varela, Martín Laherrán, e líderes con 12 puntos descansan na vindeira xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios