PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES-AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL

O As Pontes recibe ó Estudiantil este mércores coa necesidade dos tres puntos

287

O As Pontes recibe este mércores, 17:00, en partido arbitrado polo colexiado Marco Gil Soriano (A Coruña), en xornada adiantada entre semana, ó Agrupación Estudiantil, da Estrada, que está un punto por debaixo.

O equipo azul é oitavo con 15 puntos, está sete por riba dos postos de descenso, e a seis de Arzúa e nove de Paiosaco.

A tempada ata o momento está sendo decepcionante, con só 15 de 30 puntos conseguidos, e sen apenas enfrontarse a ningún grande, agás Ordes e Castro.

Pero o conxunto branquiazul, con só 2 dos últimos 9 puntos conseguidos, debe gañar para seguir remando no que resta de primeira volta e tentar iniciar 2018 o máis arriba posible.

Primeiro enfrontamento oficial co Estudiantil, único conxunto pontevedrés na Preferente Norte.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios