EYOB SANTAMARIÑA NA PRIMEIRA FASE DO TORNEO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

Disputouse este mércores en Cambados, no que a selección de Ferrol se enfrontou a Lugo e Pontevedra

199

O futbolista do cadete pontés Eyob Santamariña xogou este mércores en Cambados, no Pombal, a primeira fase do Torneo de Seleccións Comarcais, no que ás habituais sete seleccións, engadiuse este ano a da Costa da Morte.

Eyob foi convocado pola selección ferrolá xunto a Adrián Martínez, Luis Dopico, Isaac González, Pablo Herba (Racing de Ferrol), Mateo Rey, Daniel Quintela, Elías González, Esteban Feal (Galicia de Caranza), Kevin Pérez, Andres Santiago (Racing San Pedro), Erick Schulze, Alejandro Pena (Cariño), Iago Fernández (O Val), Manuel Costoya (Portuarios), Roi Golpe (Eume), Aarón Martínez (Perlío), e Javier Vizoso (San Sadurniño).

A selección ferrolá non iniciou con moi bo pé este torneo, dado que caeu pola mañá 4-0 ante a de Lugo,empatando pola tarde 1-1 co combinado de Pontevedra, nestes seus dous primeiros encontros. O combinado feminino gañou 1-0 á selección lucense, caendo despois 1-3 ante a de A Coruña.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios