O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés de fútbol sala recibe ó Leis de Pontevedra nun encontro vital para ambos equipos

220

O Esteo pontés de fútbol sala recibe este sábado ás 18:30 ó histórico Leis de Pontevedra, que xogara na División de Honra na 2007-08.

Ambos equipos chegan cos mesmos rexistros de sete puntos, dúas vitorias, un empate e cinco derrotas, nas últimas prazas, con só o Ventorrillo (5) e o Unión Arroyo (3) por detrás.

Así que o partido deste sábado presúmese vital para ambos. Os tres enfrontamentos na Segunda B no Pavillón da Fraga resolvéronse con 6-2 (2014-15), 6-4 (2015-16) e 5-3 (2016-17) a prol dos locais.

SEGUNDA DIVISIÓN B (9ª xornada)
O ESTEO FS – LEIS PONTEVEDRA FS
Sábado 18 – Novembro – 2017 (18:30)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios