SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-LEIS PONTEVEDRA FS (3-2)

Tres valiosos puntos dun Esteo que escala á novena praza

419

Sufrido pero valiosísimo triunfo do Esteo na tarde deste sábado 3-2 ante un rival directo coma o Leis de Pontevedra, equipo que militara na División de Honra na campaña 2007-08. Os ponteses pasaron do 2-0 ao 2-2, gañando cando faltaban apenas 17 segundos.

Sen embargo foi mellor o cadro pontés ó longo do encontro. Na primeira metade resaltar un disparo ó longueiro de Pana (6´), unha xogada na que Pellón se adianta ó porteiro, fóra da área, pica o balón e este sae a rentes do pau (11´), unha boa parada de Javichu (16´), e unha gran xogada entre Gerardo e Rober, que remata Martín atallando o porteiro visitante (19´).

Pero foi a falta de 12 segundos, que marcha Gago por banda dereita, dispara, rexeita o porteiro, e o balón queda morto, aproveitandoo Gerardo para rematar ó fondo das mallas, chegando antes que o defensa.

O segundo tempo non podía comezar mellor dado que a pouco do reinicio marcaba o 2-0 Rober Paz cun forte disparo dende fora da área (22´). E pese a que os visitantes ben puideron recurtar distancias un minuto despois, nunha xogada de estratexia, na que un xogador visitante, con todo a favor, disparou fóra (23´), os ponteses dominaron este segundo período.

Un cabezazo alto de Héctor (24´), un disparo cruzado de Gago (5´), gran pase de Martín a Pellón no segundo pau, que dispara e atalla o porteiro (11´), ou un centro de Gago, ó que non chega Pana no segundo pau (35´).

Ata que faltando catro minutos, un tiro dende fóra da área desviado por algún xogador sorprende por baixo a Javichu e os pontevedreses poñíanse a un tanto do empate.

Ben puido sentenciar Gago, nun remate que saca un defensa baixo paus (37´), pero sen embargo foron os pontevedreses os que empataron, trala sexta infracción local, no que os visitantes acabaron empatando tras lanzar a falta directa por dúas veces.

Pero foi faltando 17 segundos que o porteiro visitantes fixo a sexta falta, fóra da área a Rober Paz, e Martín encargouse de marcar o 3-2 definitivo e outorgar os tres valiosos puntos.

Os ponteses escalan ata a novena praza con 10 puntos, os mesmos que Xove e Santiago de Sama. Leis ten sete, Ventorrillo seis e pecha Unión Arroyo con tres.

A vindeira xornada os ponteses visitan ó único conxunto asturiano e novo na categoría, o Santiago de Sama, equipo nada doado, que gañou ó Cidade de Narón e Guardo, e ven de empatar co terceiro clasificado Los Tres Cuñados.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Rober Paz – cinco inicial – Gerardo, Gago, Dani, Diego.

LEIS DE PONTEVEDRA FS: Alex, Nico, Martín, Miguel, Barcala – cinco inicial – Sancho, Durán, Borja, Dani, David.

ÁRBITROS: Corral Martínez, Darriba Villamor, Prados Caamaño (Lugo-Ferrol). Amarelas a Jesús, Rober, Diego, David, Miguel e o visitante Dani.

GOLES: Min. 20 (1-0), Gerardo. Min. 22 (2-0), Rober Paz. Min.36 (2-1), Durán. Min. 39 (2-2), Barcala. Min. 40 (3-2), Martín.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á novena xornada de Liga, quinta na casa. Uns 150 espectadores.

LIGA DA TERRA CHÁ

Infantil. O Esteo-Mondoñedo (1-4)

Alevín. O Esteo-Mondoñedo (6-7)

Prebenxamín. O Esteo-Mondoñedo (2-1)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios