RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 17-18-19 NOVEMBRO

Importante vitoria do primeiro equipo, e tamén de Feminino, Xuvenil, Cadete, Infantil, Benxamín a e Prebenxamín A. O Alevín A calsifícase para o grupo primeiro.

439

PREFERENTE
SD DUBRA-CD AS PONTES (2-3)

Importantísimo triunfo no derradeiro minuto do As Pontes ante un rival directo e ex compañeiro de Terceira como o Dubra.

Pese a que se adiantaron os locais cun tanto de Iván Facal, empataba antes do descanso empatou Bossa de penalti. Fidi adiantaba ós ponteses na reanudación, pero faltando un cuarto de hora Gonzalo voltaba a restablecer a igualada.

Pero foi un ex xogador do Dubra as dúas últimas tempadas, cun trofeo pichichi de 22 tantos incluido, o coruñés Eloy Díaz, o que anotou o terceiro gol dando tres valiosos puntos a un As Pontes que segue soñando.

Inalcanzable está o Paiosaco con 36 puntos, pero o Polvorín ten 28 (magoa desa derrota no Ceao no desconto), e o Arzúa 27. Con 24 xa está o As Pontes, si ben é certo que moi preto está o Ribadeo (23), seguido de Ordes, Dubra, Arteixo (22) e o Castro (21).

Xogaron Kiko, Criado, Alex, Rego, Dani, Adrián, Ramos (Chis 86´), Bossa, Eloy (Roberto 89´), Fidi, Iglesias (Pardo 80´).

Importante encontro a vindeira xornada ante o imprevisible Betanzos, decimo terceiro con 16 puntos, mno que hai que tentar lograr os tres puntos antes de visitar ó líder.

FEMININO
SD O VAL “B”-CD AS PONTES (2-4)

Moi boa vitoria do equipo feminino ante un dos grandes da categoría, O Val B. E iso que a pesar de comezar gañando con tanto de Paul Castro, remontaron as locais con tantos de Paula e Samaia. Pero a boa defensa Yoli anotaba dous tantos consecutivos para situar o 2-3 antes do descanso, e a sentenza chegou por medio da capitana Carlota faltando dez minutos.

Suben ata a cuarta praza con 18 puntos antes de recibir ó San Sadurniño, quinto na mesma situación. Xogaron Leti, Yoli, Andrea, Tania, Indira, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Carolina Paz, Lucía e Uxía.

XUVENIL
SRD NUMANCIA DE ARES-CD AS PONTES (2-6)

Con unha contundente vitoria 2-6 en Ares comezou o Xuvenil a súa andaina na Liga dos mellores. Case sentenciaron co 0-4 da primeira metade, tantos de Andrés (2), Dani e Breijo, e pese a que no inicio do segundo, Pablo e Martín situaron o 2-4, o central Pablo e de novo Andrés nas postrimerías situaban o 2-6 definitivo.

Descansan na vindeira xornada, e na terceira reciben ó Neda, que neste inicio empatou en Valdoviño (2-2). Xogaron Meidán, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cazás, Xose e Andrés, entrando Dani por Vilela ós dez minutos, e no segundo tempo, Carlos, Cristian e Jose.

CADETE
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (1-0)

Triunfo na derradeira xogada do encontro do Cadete pontés no seu inicio na Liga dos mellores. Foi tras un saque de córner no que o porteiro visitante non conseguiu atallar o balón, dando Jandro tres importantes puntos ós de Ruben Pardo.

Na vindeira xornada visitan ó San Pedro, que descansou nesta primeira xornada. Xogaron Juan, Eloy, Adrián, Eyob, Antonio, Nono, Jandro, Santi, Vicente, Xan, Joan, e despois Xoel, Andrei, Alejandro, Iván e Mohamed.

INFANTIL
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (5-3)

Boa vitoria no estreo do Infantil, 5-3 ante o Eume, con tres goles de Xoel Purriños, un de Diego Purriños, e outro de Sergio Hermida. Na vindeira xornada visitan ó Numancia, que neste debut perdeu 2-1 en Miño.

Xogaron Mario Regueiro, Luis, Xose, Anxo, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo Blanco, Sergio, Diego, Ángel, Iago, Hugo Bouza, Mateo e David.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA “B” (5-0)
NARÓN O FREIXO “C”-CD AS PONTES B (5-2)

Moi ben o Alevín A, que tralo seu triunfo 5-0 ante o Neda B, goles de Anxo Blanco, (2), Destaw Pellón (2), e Sergio Vázquez, selou a súa presenza na Liga dos mellores como segundo do seu grupo con 25 puntos, por detrás do Ferrol C (27).

Moi ben estiveron tamén Xandre Fernández e Anxo Blanco, pois este martes a Selección de Ferrol perdeu 2-0 co Deportivo, gañou 4-2 ó Deportivo B, e empatou 1-1 coa de A Coruña, anotando ambos un tanto.

O Alevín B pola súa banda despediu esta primeira fase perdendo 5-2 ante o Narón O Freixo C, goles de Xalo García e un en propia meta, e undécimo con 3 puntos xogará no grupo cuarto.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-CD NARÓN “B” (8-0)
RÁPIDO DE NEDA “B”-CD AS PONTES B (7-0)

O Benxamín A gañou 8-0 ó Narón B e rematan a primeira fase visitando ó oitavo O Val B. De gañar, case seguro pasarían ó grupo dos mellores. Goles de Almahdi Belhaj (2), Nicolás Meizoso (2), Xalo González (2), Diego Ortigosa e Sergio Barro.

O Benxamín B pola súa banda perdeu 7-0 ante o líder Neda B. Quintos con dez puntos despiden a Liga contra o Mugardos B, o sexto cos mesmos puntos, e dependendo do resultado xogará no grupo segundo ou terceiro.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CEDEIRA SD (4-0)
CEDEIRA SD “B”-CD AS PONTES B (4-1)

O Alevín A gañou 4-0 ó Cedeira, goles de Xoel Galego (2), David Otero e Íker Navarro, i é segundo con 18 puntos, e o Alevín B perdeu 4-1 ante o Cedeira B, gol de Sergio Jarel, i é oitavo con 3. Na derradeira xornada enfróntanse entre eles. O B xa case seguramente xogará no grupo cuarto, e o A, de gañar fariao no grupo primeiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios