Liga Local de Futbol Sala

Este pasado domingo tivo lugar a disputa da cuarta xornada da Liga Local de Futbol Sala.

301

Unha xornada na que toda a atención estaba posta no encontro das seis da tarde no que se enfrontaban o Novostylo Peluqueros e o Colormix, os dous primeiros clasificaficados. Ambolos dous conxuntos depararon un encontro apaixoante con alternativas no xogo e no que sairia victorioso o Colormix por un axustado 2-1 que o pon líder en solitario da clasificación cando se leva disputado algo menos dun mes de competición.

Na segunda posición da táboa empatado a 9 puntos có Novostylo Peluqueros colocase A Cova dos Trasnos, que ten un partido menos tras descansar a primeira xornada e que protagonizou unha das goleadas da xornada ao gañarlle a Ribadeume Futsal por 8 goles a 1 nun encontro no que foi moi superior.

No encontro que abría a xornada as catro da tarde O Esteo F.S. “B” impuxose ao UB2 Group-Pub Plaza por 5-3 nun encontro no que O Esteo F.S. “B” tras empezar perdendo por 0-1 consigueu darlle a volta ata poñer un 4-1 no marcador que semellaba sentenciar o partido pero unha reacción do UB2 Group- Pub Plaza logrou colocalo cun perigoso 3-4 pero O Esteo reaccionou a tempo para marcar outro gol colocando o 5-3 no marcador, resultado que sería definitivo conseguindo así a súa segunda victoria da tempada.

A continuación o Andaina-Centro Futbol gañoulle ao Husse-Barbarroja tamen por idéntico resultado que no partido anterior 5-3, nun encontro xogado con intensidade por ambas partes no que o Andaina-Centro Futbol levou a iniciativa no marcador dende mediado o primeiro tempo.

Cerraron a xornada o Pub Mania-Las Torres e o Matojoma NG UB2 F.S. un encontro que acabou con goleada do Pub Mania-Las Torres por 7-0 inagurando así o seu casilleiro de puntos tras catro xornadas disputadas.

En canto a clasificación de máximos goleadores Tomás de A Cova dos Trasnos é o máximo realizador con 6 tantos seguido de Alberto do Colormix con 5 e un grupo de xogadores entre os que se encontra o máximo goleador da pasada tempada Diego Polo do Colormix con 4 goles.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios