Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro Domingo día 26 de Novembro disputarase a quinta xornada da Liga Local de Futbol Sala.

188

Unha xornada na que sen dúbida o encontro estrela será o que ás seis da tarde enfronte a o líder Colormix e o segundo clasificado A Cova dos Trasnos. Ámbolos dous conxuntos chegan invictos a este partido polo que tentaran seguir coa boa dinámica de resultados.

Inaguraran a xornada, ás catro da tarde, o Andaina Centro-Futbol e o Pub Mania-Las Torres dous conxuntos que chegan a este encontro coa moral alta despois de conseguir a victoria a pasada xornada ante rivais directos e no que parte como favorito ao triunfo Andaina-Centro Futbol.

A continuación Os Tritós-Desguaces Vilabella, que descansou a pasada xornada enfrontase a o colista o Matojoma NG UB2 F.S. un dos dous conxuntos que ainda non logrou puntuar no que vai de liga. Os Tritós deben facer boa a súa condición de favoritos neste encontro para escalar postos na clasificación e afastarse así dos últimos da clasificación.

Ás sete da tarde o Novostylo Peluqueros tentará voltar á senda das victorias ante o Husse-Barbarroja, nun encontro no que o Novostylo a priori parte como favorito para levarse o triunfo tras perder a pasada a súa condición de invicto a pasada xornada da man do agora líder, o Colormix.

Cerraran esta quinta xornada O Esteo F.S. “B” e o Ribadeume Futsal, un encontro ao que ambos equipos chegan empatados a puntos na clasificación. O Esteo ven de gañar o seu partido da pasada xornada mentras que o Ribadeume ven de ser goleado por A Cova dos Trasnos polo que se presenta un encontro moi igualado entre estes dous conxuntos e quen este mais acertado de cara ao gol terá moitas posibilidades de levarse o encontro.

A continuación deixamosvos cos emparellamentos da 5ª xornada da Liga Local de Futbol Sala 2017-2018

16:00 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – PUB MANIA-LAS TORRES
17:00 h. OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA – MATOJOMA NG UB2 F.S.
18:00 h. COLORMIX – A COVA DOS TRASNOS
19:00 h. HUSSE-BARBARROJA – NOVOSTYLO PELUQUEROS
20:00 h. O ESTEO F.S. – RIBADEUME FUTSAL
DESCANSA – UB2 GROUP-PUB PLAZA

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios