RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 24-25-26 NOVEMBRO

Vitorias do Feminino e Infantil. O Benxamín A e o Prebenxamín A rematan a Liga previa segundos e xogarán no grupo primeiro

510

FEMININO
CD AS PONTES-CF SAN SADURNIÑO (4-0)

Contundente vitoria do feminino. Estas dúas últimas xornadas supuxeron un salto de calidade do equipo, tras gañar consecutivamente a dous grandes da categoría, O Val B (2-4) e San Sadurniño (4-0).

Paula Baamonde e a xove Nerea Pita poñían o 2-0 antes do descanso, resultado que redondeaba no segundo tempo Paula Castro e novamente Nerea.

Cuartas con 21 puntos visitan a vindeira xornada ó Perlío, sétimo con 17. Xogaron Leti, Yoli, Uxía, Tania, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, María, Uxía e Lucía.

XUVENIL

O equipo xuvenil descansou esta semana, e con tres puntos, na vindeira xornada recibe ó Neda, que suma un punto. Lideran Eume e Narón A con seis puntos.

CADETE

O equipo cadete visitará este xoves ó San Pedro e xa na fin de semana correspódelle descansar.

INFANTIL
SRD NUMANCIA DE ARES-CD AS PONTES (0-6)

Segundo triunfo do Infantil, e primeiro a domicilio, neste caso en Ares, 0-6, dous goles de Xoel Purriños e Eloy Galdo, e un de Mario Fraga e o alevín Anxo Blanco.

Líderes con seis puntos xunto a Ferrol B, Caranza B e O Val, na vindeira xornada reciben ó Ánimas, que ten un punto.

Xogaron Pablo, Eloy, Mario, Íker, Samuel, Hugo, Xoel, Ángel, Anxo, Diego, Alejandro, Xose, Francisco, Mateo, Billal e David.

ALEVÍN
RACING SAN PEDRO “C”-CD AS PONTES B (6-1)

O Alevín B debutou no grupo cuarto este venres cunha derrota 6-1 ante o San Pedro C, tanto inicial da xogadora da selección de Ferrol Andrea Cruz. Na vindeira xornada reciben ó Val C, que neste debut venceu 2-1 ó Portuarios.

BENXAMÍN
SD O VAL “B”-CD AS PONTES A (0-4)
CD AS PONTES B-GALICIA DE MUGARDOS “B” (1-2)

O Benxamín A gañou 0-4 en Sinde, e clasificou para a Liga dos mellores, tras quedar segundo do seu grupo, empatado a puntos co campión O Val e o terceiro Ánimas, os tres con 25 puntos. Dous goles de Xoel Vigo e Nicolás Meizoso.

O Benxamín B pola súa banda perdeu 1-2 co Mugardos B, tanto de Xavi García. Rematan sextos con 10 puntos, e xogarán no grupo terceiro.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES B-CD AS PONTES A (0-12)

No derbi deste sábado gañou o Prebenxamín A ó B 12-0, tantos de David Otero (5), Xoel Galego (4), Brais Varela, Mario Lozano e Martín Laherrán.

O equipo A clasifícase para o grupo dos mellores, segundo con 19 puntos, por 21 do Ánimas. O B remata oitavo con 3 puntos e xogará no grupo cuarto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios