LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

Remata a primeira volta co liderato de Mav Abogados, seguido de preto por Muebles Eume

463

Rematou esta primeira volta na Liga de Veteranos pontesa, e continúa a poxa entre Mav Abogados e Muebles Eume, que seguen a súa pelexa polo título.

O líder gañou 4-2 ó MMYPEN mentres o segundo clasificado gañou no último minuto 1-0 ó Farmavida, logrando un triunfo valioso que lle permite seguir a tres puntos do liderato, antes do inicio da segunda volta a vindeira fin de semana.

No resto de partidos da xornada víronse moitos goles, incluidos cinco do mítico Fernández, de A Cepa, o que o encarama a liderar a táboa de goleadores con 11 tantos, os mesmos que Juan (La Galaxia) e Kivo (Muebles Eume), por 10 de Tomás (Galiorient).

Lidera a táboa Mav Abogados con 27 puntos, por 24 de Muebles Eume. La Galaxia ten 18 e A Cepa, 16. Bar Jardín Lecar 712 e Galiorient teñen 12, Farmavida e As Pontes 74 suman 7, MMYPEN 6, e pecha con 4 Electricidad J&O.

RESULTADOS 9ª XORNADA

MMYPEN-MAV Abogados (2-4) (Manuel, Chou / Narciso 2, Reboredo, Ito)
Bar Jardín Lecar 712-As Pontes 74 (5-2) (Miguel, Cabanela 2, Iván, Felipe / Senén, Julio)
A Cepa-Electricidad J &O (7-1) (Fernández 5, Piña, Lolo / Manolo)
Farmavida-Muebles Eume (0-1) (Lucho)
La Galaxia-Galiorient (7-3) (Juan 3, Sergio 2, Rubén, Nené / Carlos, Manel, Tomás)

CALENDARIO 10ª XORNADA

02/12/2017 19:00 AS PONTES 74 – FARMAVIDA
02/12/2017 20:00 MAV ABOGADOS – ELECTRICIDAD J&O
03/12/2017 10:00 MMYPEM – MUEBLES EUME
03/12/2017 11:00 GALIORIENT – A CEPA
03/12/2017 12:00 LA GALAXIA – BAR JARDÍN

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Tino Prieto

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios