Liga Local de Futbol Sala

Este Domingo disputoue a quinta xornada da Liga Local de Futbol Sala.

243

Unha xornada na que todas as miradas estaban postas no encontro que ás seis da tarde disputaron o líder Colormix e o segundo clasificado A Cova dos Trasnos. Os dous conxuntos chegaban invictos a este partido e seguen invictos tra-lo empate a dous goles co que chegaron ao final do choque. Un choque emocionante no que os dous conxuntos tiveron ocasións para levarse a victoria pero por erros dunhnos e acerto dos outros pero ao final o reparto de puntos foi xusto.

Deste empate entre o líder e o ata esta xornada segundo clasificado veuse favorecido o Novostylo Peluqueros que lle gañou 5-2 a Husse-Barbarroja nun encontro no que o xogo dos Vilalbeses foi superior ao do seu rival. Esta victoria e o empate anterior fai que se aprete a cabeza da táboa clasificatoria con só tres puntos de diferencia entre os tres primeiros clasificaficados.

Inaguraron a xornada o Andaina Centro-Futbol e o Pub Mania-Las Torres dous conxuntos que chegaban a este encontro coa moral alta despois de conseguir a victoria a pasada xornada ante rivais directos. O encontro foi mais igualado do que se esperaba pero nuns últimos minutos de infarto e a expulsión dun xogador do Pub Mania-Las Torres por protestar reiteradamente as decisións arbitrais o Andaina-Centro Futbol aproveitouse de xogar cun home mais sobre a pista para levarse a victoria por 3 goles a 2.

A continuación Os Tritós-Desguaces Vilabella enfrontouse a o Matojoma NG UB2 F.S. Encontro no que Os Tritós golearon ao colista por 7-0 o que lle serviu para subir tres postos na clasificación e así colocarse sexto. Pola contra o Matojoma NG UB2 F.S., segue sen puntuar tras cinco xornadas disputadas.

Cerraron esta quinta xornada O Esteo F.S. “B” e o Ribadeume Futsal, un encontro ao que ambos equipos chegaban empatados a puntos na clasifición e foi o Ribadeume o que se levou a victoria por 3-2 nun encontro moi igualado que se decidiu nos minutos finais igual que o encontro que inagurou a xornada.

En canto á clasificación de máximos goleadores, Tomás de A Cova dos Trasnos con 8 goles toma ventaxa sobre Alberto do Colormix e Daniel do Novostylo Peluqueros ámbolos dous con 6 goles cada un.

Acontinuación deixamosvos cos resultados desta 5ª xornada da Liga Local de Futbol Sala 2017-2018, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador do campeonato.

Nova cortesía de Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios