Segunda territorial galega: Kaleido Universidade Vigo B 27 -CR Fendetestas 33

O Fendetestas pontés remata a primeira volta como líder, cos mesmos puntos que o Santiago, tendo pendete o partido entre ambos

214

O Fendetestas pontés de Rugbi rematou esta fin de semana a primeira volta da Liga gañando por un axustado 27-33 ó Kaleido Universidade de Vigo B, pero sacou cinco valiosos puntos, catro pola vitoria mailo bonus dos ensaios.

O equipo vigués é un conxunto moi complicado, xa que a pesar de perder os sete encontros desta primeira fase, entre diversos bonus ofensivos (de catro ensaios) e bonus defensivos (perder por sete puntos ou menos) suma nove puntos.

Tres ensaios de Álvaro, un de Óscar e outro de Toño, e Rober acertou 4 dos 5 lanzamentos a paus. Xogaron Gallardo, Antón, Pablo, Joel, Toño, Rober, Álvaro, Miguel, Iván, Andrés, Óscar, Jesús, Anxo, Asier e Pablo, entrando despois Xose e Roberto.

Agora mesmo Fendetestas e Santiago suman 24 puntos, tendo pendente o encontro entre ambos, Muralla suma 23 e Santiago 20, cun partido menos tamén, os mesmos que Pontevedra Mareantes B. Xa máis abaixo, con 12 está o Barbanza, tamén cun encontro menos, Vigo B ten 9, e Ourense B pecha con 6.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios