Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro domingo día 3 disputarase a sexta xornada da Liga Local de Futbol Sala

183

Unha xornada que se abrirá ás catro da tarde co encontro entre Os Tritós-Desguaces Vilabella e o UB2 Group-Pub Plaza partido ó que Os Tritós chegan coa moral tras golear ao colista a pasada xornada e buscaran a súa terceira victoria consecutiva despois dun duro inicio de liga. Pero non será un partido fácil porque diante terá ao UB2 Group-Pub Plaza que quererá inagurar o seu casilleiro de puntos xa que non consegiu puntuar nas cinco xornada que van diputadas de campionato.

Ás cinco da tarde enfrontaranse o Pub Mania-Las Torres e o Novostylo Peluqueros onde estes últimos parten como favoritos para acadar os tres puntos e así presionar ao lider xa que se encontra tan só un punto por riba dos vilalbeses.

A continuación A Cova dos Trasnos e o Husse-Barbarroja enfrontanse nun encontro no que os da Cova parten como favoritos pero non se deben fiar dun Husse-Barbarroja que quererá cortar a racha negativa que arrastra de dúas derrotas consecutivas.

Ás sete da tarde O Esteo F.S. “B” verase as caras có lider Colormix. Un Colormix que afrontará este encontro sabendo o que fixeron anteriormente os seus mais inmediatos perseguidores, estes non deberan fiarse de un O Esteo que a súa posición na táboa non reflexa o xogo que están a mostrar en cada encontro.

E para cerrar esta sexta xornada o colista, Matojoma N.G. UB2 F.S. buscará conseguir os seus primeiros puntos da tempada ante o Andaina-Centro Futbol cousa que se preve dificil despois do visto en xornadas anteriores.

A continuación deixamosvos cos horarios dos encontros desta sexta xornada

16:00 h. OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA – UB2 GROUP-PUB PLAZA
17:00 h. PUB MANIA-LAS TORRES – NOVOSTYLO PELUQUEROS
18:00 h. A COVA DOS TRASNOS – HUSSE-BARBARROJA
19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – COLORMIX
20:00 h. MATOJOMA NG UB2 F.S. – ANDAINA-CENTRO FUTBOL
DESCANSA – RIBADEUME FUTSAL

Nova cortesía de Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios