PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 2-3 DECEMBRO

O As Pontes visita este domingo ao líder invicto Paiosaco

225

O CD As Pontes ten este domingo o seu, ata o de agora, desprazamento máis complicado no que vai de campaña. Este domingo ás 17:00 en Porta Santa, en encontro arbitrado por Gabriel Polo Fraga (Lugo), os de Marco Roca xogarán co todopoderoso líder Paiosaco, que suma doce vitorias, por tres empates e ningunha derrota.

O conxunto de Laracha fixo na 2016-17 unha gran campaña, acabando na quinta posición, pero o inicio desta está sendo espectacular. De ter un rendemento medianamente aceptable nos catro encontros que lle quedan ante As Pontes e Castro en casa, e Xallas e Ordes a domicilio, podería deixar case sentenciado o seu ascenso ó remate desta primeira volta.

O equipo de Juan Riveiro mantén o bloque do ano anterior, con tres grandes fichaxes, os xogadores, con poucos minutos no Cerceda, pero cun gran rendemento nesta categoría, Popi, Bilal e Pochi.

Ten nos seus máximos goleadores ó ex xogador do Bergantiños Iván Amor (7), Josiño (5), e Popi, Diego Lois e o arxentiño Chicho suman 4. Tres marcou o dianteiro Iván Andrade “Bambám”, que estivera no As Pontes, que ascendera a Terceira División na campaña 2009-10, aínda que acabara marchando buscando máis minutos.

Pola súa banda, o As Pontes ten que buscar polo menos sete ou nove puntos nos catro encontros que lle restan nesta primeira volta, para iniciar o 2018 con algunha opción de ascenso. O único partido oficial entre ambos, na 2002-03, acabou con empate a 0-0.

No resto de partidos, descansan os cadetes, que xogaron estes xoves, e os Benxamíns e Prebenxamíns, que aínda non inician a Liga.

PREFERENTE
UD PAIOSACO-CD AS PONTES (DOMINGO 3, 17:00)

FEMININO
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (DOMINGO 3, 12:00)

XUVENIL
CD AS PONTES-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 2, 16:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-SRD ÁNIMAS (SÁBADO 2, 16:00)

ALEVÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (SÁBADO 2, 18:00)
CD AS PONTES B-SD O VAL C (SÁBADO 2, 11:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios