SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-GUARDO FS (4-2)

O Esteo vence ó líder palentino e case asegura a permanencia

318

Gran triunfo do equipo pontés de fútbol sala do Esteo na tarde de onte ante o Guardo de Palencia por 4 goles a 2, encontro no que tivo que remontar por dúas veces o marcador.

Os ponteses están a iniciar a Liga como mataxigantes. Gañaronlle ó anterior líder, que sumaba todos os encontros por vitorias, Albense, por 9-4, e onte ó Guardo por 4-2.

O máis importante. Suman os ponteses 16 puntos e de gañar algún dos dous encontros que lle restan na primeira volta, ante o Xove a vindeira fin de semana, ou contra o actual líder Zamora, prácticamente  selarían estar un ano máis na categoría.

O encontro de onte non ía a ser doado, e así, adiantaronse os casteláns leoneses nunha xogada na que Javichu fixo un paradón, outro remate despexao un defensa, ata que ó terceiro disparo acaba marcando Adrián (4´).

Non se viu abaixo o cadro pontés e nunha contra é Dani o que queda só con toda a porta baleira, pero trastabillase co balón botándoselle un defensa enriba (10´).

Foi Pana o que, moi listo, aproveitou un rexeite do gardamallas para enviar a bola ó fondo das redes. Empate a 1-1 co que se chegou ó descanso, pese a un tiro ó poste de Martín (17´), e outro ó longueiro dos visitantes faltando 12 segundos.

No inicio do segundo período apretaron moito os visitantes. Houbo outro disparo ó longueiro tras saque de córner (25´), e dúas boas paradas de Javichu, ata que tanto foi o cántaro á fonte, que nun balón que rebota en Rober Paz tras rexeitar Javichu, acaba no fondo das mallas (27´).

Tocáballe remar outra vez contra corrente ós locais, que foron a polo empate, e foi tras unha falta, na que Pana lle cede o balón a Martín, que este marca de forte disparo (35´).

Os últimos minutos foron un toma e daca, con oportunidades para ambos equipos, Héctor sacou coa cara un balón que se colaba (37´), e na outra portería o propio xogador ferrolán fixo estirarse por dúas veces ó porteiro visitante.

Foi nunha contra na que o xenial futbolista de Pontedeume, Pana, acomodou o balón, prantouse ante o gardamllas, e acabou marcando de tiro raso, poñendo o 3-2 a falta de dous minutos, anotando o seu 13º tanto da campaña.

Con porteiro xogador os visitantes chegaron a tirar un perigoso balón ó lateral da rede, pero foi Gago quen pescou un balón e sen porteiro rival mandouno dende o seu campo ó fondo das mallas faltando de sete segundos, co delirio nas gradas do Pavillón da Fraga.

Sen tempo para máis o Esteo é sexto con 16 puntos e o vindeiro sábado recibe ó Xove, que é décimo con 13.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Rober Paz – cinco inicial – Gerardo, Gago, Dani, Diego.

GUARDO FS: Alejandro, Andrés, Alberto, Héctor, Cosgaya– cinco inicial – Adrián, Morales, Iván.

ÁRBITROS: Sierra Márquez, Roldán Pérez,  Fontán Pérez (Pontevedra). Amonestaron a Rober Paz, Javichu, Gago, Andrés, Adrián, Cosgaya, e ambolos dous Héctor. Expuslou ó segundo adestrador local.

GOLES: Min. 4 (0-1), Adrián. Min. 16 (1-1), Pana. Min.27 (1-2), Rober Paz, pp. Min. 35 (2-2), Martín. Min. 38 (3-2), Pana. Min. 40 (4-2), Gago.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á undécima xornada de Liga, sexta na casa. Uns 200 espectadores.

LIGA TERRA CHÁ

Cadete: Vilalba A-O Esteo (4-1)

Infantil B: Guitiriz B-O Esteo B (6-0)
Infantil B: Meira-O Esteo B (5-6)
Alevín: Guitiriz B-O Esteo (5-3)
Benxamín: Guitiriz-O Esteo (9-3)
Prebenxamín: Guitiriz-O Esteo (1-0)

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernandez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios