PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – VIVEIRO CF 0

Goleada no derbi dun As Pontes, con dous tantos de Criado, que ascende momentáneamente á terceira praza.

476

Goleada do As Pontes 4-0 no derbi ante o Viveiro, no encontro adiantado á tarde deste sábado. Pese a que os viveirenses dominaron nos primeiros 35 minutos, dous tantos locais antes do descanso decantaron a balanza. O encontro era especial para os viveirenses Bossa, Kiko, Fidi e Rego, ou para xogadores que militaron no equipo lucense, como Dani ou Pardo.

Os lucenses apretaron no primeiro tramo, e os locais apenas conseguían pasar do seu campo. Sen grandes ocasións, resaltar un disparo de Alberto (20´) e outro do gran medio centro, ex do Castro, Xaime, de falta (28´), que desvía a córner coa luva Paco. Tamén, nun balón que non termina de despexar a zaga local, remate a media volta de Alex Meitín que despexa Paco (30´), e tiro cruzado con perigo do ex xogador da selección galega xuvenil, Arturo Calvo (32´).

Ademais, o xogo dende atrás dos locais, con tanta presión viveirense, deu algún que outro susto como un despexe de Paco diante da súa porta, que rozou nun dianteiro visitante. Entremedias, por parte do cadro local, apenas resaltar un tiro de Criado, chapa Brais, a xogada continúa, e termina cun remate moi alto de Pardo (26´).

Pero en dous zarpazos puxo terra de por medio o As Pontes antes do descanso. Internada de Rubén Pardo por banda esquerda, centra, o balón pasease pola área e chegando ó segundo pau, empala por baixo Criado (37´).

O propio Criado loita un balón antes de que saia por liña de fondo, centra, recolle o balón Eloy, que a cede cara atrás, e remata Pablo Ramos a onde non pode chegar Brais (42´). Primeiro gol na campaña do habilidoso ferrolán, ó que lle custa ver portería, e iso que o ano pasado anotou catro goles en Terceira. Así chegouse ó descanso.

No inicio dos segundos 45 minutos, destacar una vaselina de Bossa (50´), ou unha cabezada cara atrás de Eloy (53´), que casi sorprenden por alto a Brais. Foi tras un centro de Criado dende banda dereita, que rematou Eloy acrobáticamente tirándose en plancha e colou o balón polo escaso oco que tiña no primeiro pau, setenciando o coruñés co seu oitavo gol da campaña (59´).

Tras un mal despexe dun defensa, casi marca en boca de gol Pardo de cabeza (75´), xogada á que lle seguiu un perigoso centro chut de Eloy (76´). A ocasión máis clara dos visitantes en moitos minutos foi nun arriscado pase cara atrás de Rego que cazou o balón Xenxo e disparou cruzado (85´).

Foi nunha galopada do asturiano Roberto por banda esquerda, que colga o balón, e dentro da área marca o cuarto de cabeza Sergio Criado (88´) nun partido para gardar co primeiro equipo, xa que anotou os seus dous primeiros goles en liga, e participou ademáis nos outros dous.

Sen tempo para máis, o As Pontes, á espera do que faga o Arzúa, sitúase terceiro con 31 puntos, antes de visitar ó perigoso Ribadeo, nun trascendental encontro que pecha o 2017. Pola súa banda, o Viveiro, décimo quinto con 18 puntos recibe a un rival directo coma o Xallas.

Vixéximo encontro oficial en o Poboado e decimosegunda vitoria local, por catro empates e catro triunfos visitantes.

CD As Pontes. Paco, Criado, Alex (Roberto 73´), Rego, Dani, Adrián Martínez, Ramos, Bossa, Eloy (Adrián Iglesias 77´), Fidi (Quique 64´), Pardo (Carba 82´).

Viveiro CF. Brais, Camba, Joel (Xenxo 55´), Joao (Erickson 70´), Jon, Alberto, Alex Meitín, Jaime, Arturo, Alex Paz (Pelayo 70´), Kaue (Roi 62´).

Árbitro: Beatriz Cuesta Arribas (A Coruña). Auxiliada nas bandas por Rodríguez Pernas e Vázquez Veiras. Amarela a Jon, Alberto e Alex Meitín.

Goles: 1-0, Criado (37´), 2-0, Ramos (42´). 3-0, Eloy (59´), 4-0, Criado (88´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, moitos viveirenses, en tarde con ceo encapotado e choiva por momentos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios