Nota de prensa do BNG: O NEGOCIO DA ROTOPALA

Nota de prensa enviada polo BNG pontés.

689

Hai uns días o Goberno Municipal do PSOE informou, polos medios de comunicación, a súa intención de que o Concello se fixese cunha das rotopalas da Mina, o que, pensábamos, sería de xeito gratuíto para o Concello; pero a nosa sorpresa é que está previsto pagar pola rotopala 251.030 euros (uns 25 euros por cada veciño/a de As Pontes).

Lembramos que o convenio entre Endesa e o Concello -o único que non supuxo ingresos económicos reais-, negociado polo mesmo PSOE, estipulaba na cláusula cuarta a cesión gratuíta de “útiles, máquinas e documentos para realizar exposicións, así como para formar parte de museos municipais”; aínda que tamén é certo que esta cláusula dáballe ao Concello un prazo ata o 31 de decembro de 2016 para retirar o material que precisase; como resulta evidente, nese prazo que recollía o convenio non se solicitou cesión algunha.

Por iso, e sen entrar no que dende o BNG consideramos a débeda moral que Endesa ten con As Pontes, o PSOE debe explicar publicamente quen se vai facer responsábel deste gasto; por que unha máquina que podería cederse gratuitamente agora vainos costar 251.030 euros?.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios