PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 15-16-17 DECEMBRO

O As Pontes visita este sábado ó Ribadeo no derradeiro encontro do 2017

229

O As Pontes despide este sábado o 2017 visitando ó Ribadeo nun dos seus desprazamentos máis difíciles. O equipo da Mariña é sétimo con 26 puntos, pero ó marxe da súa posición clasificatoria, é un dos mellores conxuntos da categoría.

Ten dous xogadores dun perfil e nivel parecido a Bossa, que son os ex racinguistas Rafa Casanova e Mauro Poratti, e outros xogadores con experiencia en Terceira a campaña pasada, como Tichu, ex do Castro, ou David Rodríguez, ex do Ribadumia.

Tamén destaca Santi, que leva 5 goles nesta campaña, ou Criss, que anotou 15 a anterior. Por certo, no equipo celeste estivo ata hai poucas semanas o porteiro pontés Iván Parapar.

O conxunto lucense soe ser moi forte no seu campo, moi recoñecido na campaña 2014-15, a do seu retorneo a Terceira. Cabe reseñar unha asumilble derrota ante o líder Paiosaco e unha sorprendente derrota ante o colista Outeiro de Rei, ambas por 0-1. Polo demais, dous empates e catro vitorias, as máis reseñables, 3-0 ó Dubra, 4-3 ó Arteixo, e 1-0 ó Arzúa.

O As Pontes ten que tratar de conseguir o mellor resultado posible, pois no comezo do 2018 e para poñer fin á primeira volta recíbese a un rival directo como o Arzúa nas inoportunas datas dos Reis Magos. Nos partidos no Pepe Barrera, cinco triunfos locais, por un empate e catro derrotas.

PREFERENTE
RIBADEO FC-CD AS PONTES (SÁBADO 16, 17:00)

FEMININO
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (DOMINGO 17, 11:30)

XUVENIL
CD AS PONTES-CD NARÓN A (SÁBADO 16, 12:00)

CADETE
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (SÁBADO 16, 12:00)

INFANTIL
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (SÁBADO 16, 10:00)

ALEVÍN
SD O VAL B-CD AS PONTES A (VENRES 15, 18:30)
CD AS PONTES B-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (SÁBADO 16, 10:30)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SD O VAL (SÁBADO 16, 11:40)
EFR RACING DE FERROL C-CD AS PONTES B (SÁBADO 16,12:15)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CEDEIRA SD (SÁBADO 16, 12:50)
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES B (VENRES 15, 18:15)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios