Liga Local de Futbol Sala

Xornada atípica a vivida onte Domingo na Liga Local de Futbol Sala xa que só se disputaron dous dos cinco encontros programados debido a que un dos non se presentou a xogar.

210

Polo tanto os equipos que se beneficiaron de tal feito foron A Cova dos Trasnos, Novostylo Peluqueros e O Esteo F.S. “B” que gañaron os seus respectivos encontros por un resultado de 3-0 sen vestirse de corto.

O que si se disputou foi derbi parroquial entre Os Tritós-Desguaces Vilabella de Saa e o Ribadeume Futsal. Ámbolos dous equipos chegaban a este encontro empatados a nove puntos situados na zona media da táboa clasificatoria e no que Os Tritós conseguiron a súa cuarta vitoria consecutiva nun encontro emocionante e disputado entre dous conxuntos que practican un futbol sala similar. O Ribadeume Futsal foi sempre a remolque no marcador ainda que conseguiu neutralizar o gol co que os tritos golpeaban primeiro pero estes marcarían dous goles colocando o 3-1 no marcador que semellaba definitivo pero O Ribadeume nunca se deu por vencido e na recta final conseguiría darlle emoción ao encontro co 3-2 e con todo o equipo volcado en buscar o gol do empate serian os tritós os que á contra marcarian o 4-2. O Ribadeume seguiuno intentando ata o final e conseguiría un gol mais pero xa non habería tempo para mais quedando o marcador 4-3 a prol de Os Tritós-Desguaces Vilabella conseguindo así a vitoria no primeiro derbi parroquial desta tempada.

A xornada abreuse ás catro da tarde co enfrontamento entre os dous últimos clasificados, UB2 Group-Pub Plaza goleaou ao colista o Matojoma NG UB2 F.S. por un resultado contundente de 10-3 inagurando así o seu casilleiro de puntos despois de sete xornadas.

En canto a loita por ser o máximo goleador continua igual que na anterior xornada encabezada por Tomás de A Cova dos Trasnos 9 goles seguido de Alberto do Colormix e Juanjo de Os Tritós-Desguaces Vilabella con 8 dianas cada un.

A continuación deixamovos cos resultados desta xornada número 7, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador da liga.

Nova cortesía de Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios