LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

Interesante xornada na que caeu o anterior líder, o Mav Abogados, tras 10 triunfos consecutivos

359

Moi interesante xornada a desta fin de semana na Liga Local de Veteranos, pois o que era líder con 10 vitorias, o Mav Abogados, caeu 1-2 ante o Galiorient, e Tomás Díaz, con dous tantos, deulle emoción á Liga.

A día de hoxe están empatados Muebles Eume e Mav Abogados con 30 puntos pero o mellor goal average do equipo de Basoa, (+33) por (+26) dos rivais, situao momentáneamente no liderato, e non é para menos, pois este sábado, voltaron a gañar 9-1, como fixeran contra A Cepa, nesta ocasión, ó colista Electricidad J&O.

Nunha xornada tan goleadora, tamén se puxo interesante a loita polo pichichi e Juan Canosa (La Galaxia) firmou un “póker”, que lle fai liderar a táboa con 16 tantos, seguido de Kivo (Muebles Eume) con 14. Trece goles suman Fernández (A Cepa) e Tomás (Galiorient) e 11 Óscar Dorado (Muebles Eume).

Muebles Eume e Mav Abogados suman 30 puntos, por 22 de La Galaxia, 17 da Cepa, e 16 de Bar Jardín-Lecar 712 e Galiorient. Máis abaixo estaría Farmavida con 10 puntos, MMYPEN con 9, As Pontes 74 con 7 e pecha Elecetricidad J&O con 4.

A Liga non retorna ata a segunda semana do 2018, e comeza co prato forte que pode decidir o título, i é que o sábado día 13, ás 20:00, xogan os dous primeiros clasificados.

RESULTADOS 11ª XORNADA
MAV Abogados-Galiorient (1-2) (Narciso / Tomás 2)
Electricidad J &O-Muebles Eume (1-9) (Manolo / Oscar Dorado 4, Kivo 2, Miguel 2, Quinto)
Bar Jardín-Farmavida (5-2) (Cabanela 2, Miguel, Felipe, Héctor / Juanjo, Alberto)
La Galaxia-A Cepa (7-2) (Juan 4, Nené 2, Sito / Fernández 2)
MMYPEN-As Pontes 74 (4-2) (Luis, Pazos, Choupi, Oscar / Paz 2)

CALENDARIO 12ª XORNADA
13/01/2018 – 19:00 FARMAVIDA – ELECTRICIDAD J&O
13/01/2018 – 20:00 MAV ABOGADOS – MUEBLES EUME
14/01/2018 – 10:00 BAR JARDÍN – GALIORIENT
14/01/2018 – 11:00 A CEPA – AS PONTES 74
14/01/2018 – 12:00 LA GALAXIA – MMYPEM

Nova cortesía de Tino Prieto e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios