RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 21-22-23 DECEMBRO

O clube despediu o 2017 con tres derrotas e o torneo de biberóns

367

XUVENIL
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (3-1)

Clara derrota do Xuvenil pontés ante o líder Eume, que foi mellor no partido adiantado a este xoves á noite.
Si ben é certo que o conxunto de Felipe Mieres puido notar a baixa de Breijo, e sobre todo de Andrés, os de Pontedeume foron moi superiores ó longo de todo o encontro. Foi un conxunto moi voluntarioso, disciplinado, cun gran bagaxe físico nos noventa minutos e unha intensidade que recorda á do Paiosaco.

Puideronse adiantar os visitantes, cun tiro picado de Josiño, e sobre todo nunha xogada na que Cristian controla, gañalle a partida ó defensor, pero no man a man co porteiro non soubo resolver, pero os locais tamén puideron marcar nun remate a rentes do pau, e sobre todo nun trallazo ó longueiro dende fóra da área.

Foi preto do descanso, que marcou de cabeza Raúl, tras saque de falta lateral, e pouco despois rematou de primeiras Ángel coa punteira dentro da área pequena facendo o segundo. Pero o As Pontes marchou con algo de esperanza, tras un saque de falta na que nin remata Cristian nin despexa o defensa, Chema que non a espera dalle co corpo, estorbanse un pouco o porteiro e o defensa, e o balón acaba rebasando a liña o xusto.

Pero pouco durou a ledicia pois trala reanudación voltaba a poñer terra de por medio o equipo local tras un gol de Iván. Os de Pontedeume seguían cun tono físico inmellorable e os ponteses buscaban como podían recurtar distancias xaleados polos berros de ánimo de Lino, que, todo hai que dicilo, foi o que mellor levou o frío no Campo da Gándara.

Os locais anotaron outro gol en xogada de estratexia, anulado polo colexiado, tiveron un tiro lonxano a rentes do pau, e unha contra na que o seu extremo enviou o balón un palmo por riba do longueiro cando se cantaba o gol.

A máis clara dos ponteses foi unha internada pola dereita de Cazás que quedou so ante o gardamallas local pero rematou cruzado e frouxo. Non houbo tempo para máis e os de Pontedeume poñen terra de por medio con 18 puntos, por 15 de Narón A, 13 de Portuarios, e 12 do As Pontes, ambos cun encontro menos.

Toca pensar xa no importante partido de Copa deste xoves ante o Portuarios, na que o vencedor xogará a final contra o gañador do Eume-Maniños.
Tras 15 triunfos consecutivos no que vai de campaña, o As Pontes perde a imbatibilidade. Os de Pontedeume ata o de agora gañaron 14 encontros, perdendo un na primeira fase ante o Portuarios (1-0).

Xogaron Meidán, Fraga (Dani 60´), David, Pablo, Bruno, Vilela, Carlos, Chema, Cristian (Cazás 70´), Josiño (Jose 88´) e Óscar.

CADETE
CD AS PONTES-SD O VAL (2-3)

Derrota do Cadete 2-3 na visita do Val nun encontro no que Joan Tembrás recurtou distancias ata por dúas veces, pero non puido sacar ningún punto o cadro de Rubén Pardo.

Son quintos con nove puntos antes de recibir, xa no ano novo, ó Ánimas, que ten a mesma puntuación. Xogaron Juan, Eyob, Adrián, Alejandro, Antonio, Nono, Joan, Santi, Vicente, Xan, Jandro, e despois Luis Alejandro, Eloy, Andrei e Mohamed.

INFANTIL
CD AS PONTES-CD NARÓN A (3-6)

Derrota do Infantil 3-6 ante o CD Narón A antes de despedir o 2017, con dous goles de Xoel Purriños e un de Jandro López. Lideran Ferrol B e O Val con 18 puntos, Narón A ten 16, e As Pontes e Caranza B teñen 13.

Os de Rubén Pardo inician o ano visitando ó Val. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Anxo, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo Blanco, Diego, Jandro, Luis Alejandro, Israel, Hugo Bouza, Ángel, Íker, Sergio.

BIBERÓNS

Tamén este venres á tarde, levouse a cabo o Torneo de Biberóns, dende as 16:30 ata as 20:00, na cancha de fútbol 8, e sobre todo na pista indoor, que luciu un moi bo aspecto, pero moi pechada de cara ó público, e no que participaron dous equipos do As Pontes, Eume, Galicia de Mugardos, Numancia de Ares, Cedeira, Rápido de Neda, San Sadurniño e Miño.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Xose Blanco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios