ACTUACIÓN DE SERGIO E DANI NAS ILLAS CANARIAS

A selección galega acadou un empate e unha derrota

358

Os futbolistas ponteses Sergio Otero e Daniel Pajaro estiveron esta semana nas Illas Canarias na disputa da primeira fase do Campionato de España.

Galicia comezou con mal pé tras caer o mércores ante equipo locatario por 1-0, nun encontro no que Sergio non foi da partida e Dani foi o primeiro cambio saíndo ó campo no minuto 57 tratando de buscar o empate.

Xa no segundo encontro deste xoves ante Cantabria, Galicia, que mereceu bastante máis, empatou 2-2, tantos do internacional Martín Rafael e o xogador de Pontedeume Luis Rodríguez. Neste derradeiro partido tanto Sergio como Dani xogaron os 90 minutos.

Moito mellor lle foi ó combinado sub16, que venceu os dous partidos, 1-0 a Canarias e 3-2 a Cantabria.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios