Liga Local de Futbol Sala

Na tarde do pasado Domingo disputouse unha nova xornada na Liga Local de Futbol Sala.

218

Unha xornada que comezaba con sorpresa xa que ás catro da tarde o UB2 Group-Pub Plaza derrotaba a un descoñecido Colormix por 5-2 nun encontro no que a estes últimos non lles saiu nada e falta de acerto de cara ao gol pasoulles factura perdendo así a condición de invicto e a de poder compartir ó liderato có Novostylo Peluqueros que se enfrontou a A Cova dos Trasnos no encontro que cerraría a xornada e que rematou con empate a 3 goles. Un enfrontamento no que os de A Cova conseguían adiantarse cun claro 0-2 ao seu favor pero o Novostylo nuunca se deu por vencido e non só conseguiu empatar o partido senon que lle a volta ao marcador colocando o 3-2 e incluso dispuxo dun doble penalti ao seu favor para ampliar a ventaxa pero fallaría o lanzamento dende os dez metros. Nun final de infarto A Cova conseguiría empatar o partido poñendo o 3-3 no electrónico polo tanto reparto xusto de puntos que fai que se aprete a cabeza da táboa clasificatoria xa que os tres primeiros só ai tres puntos de diferencia.

No resto da xornada, as cinco da tarde o colista Matojoma NG UB2 F.S. volveu a colleitar outra derrota esta vez de mans do Ribadeume Futsal por un contundente 2-7 que lle permite a este subir un posto e asentarse na zona media da clasificación.

Ás seis Os Tritós-Desguaces Vilabella, despois da derrota da pasada xornada pola mínima ante o Colormix volveu a senda da vitoria desta vez ante o Husse-Barbarroja ao que gañou por un claro 7-2 o que lle serve para seguir encabezando o pelotón de equipos perseguidores do trío de cabeza.

E a continuación ás sete da tarde O Esteo F.S. “B” acabou perdendo un encontro que se lle puxo moi de cara cun 2-0 no marcador pero a precipitación e a falta de experiencia fixo que o Andaina-Centro Futbol lle remontara o encontro para colocar o 2-3 no marcador e levarse un partido que se lle puxo costa arriba.

En canto a loita por ser o máximo goleador Tomás de A Cova dos Trasnos con 14 goles segue a fronte da mesma unha xornada mais seguido por Alberto do Colormix e Juanjo de Os Tritós-Desguaces Vilabella con 10 tantos cada un.

Acontinuación deixamosvos cós resultados desta xornada número 9 e a clasificación.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios