O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo inicia a segunda volta visitando ó Atlético Benavente

225

Tras clasificar para as semifinais de Copa de Galicia, o equipo pontés de fútbol sala do Esteo retorna esta fin de semana á competición ligueira.

Inicia a segunda volta visitando ó Atlético Benavente, equipo zamorano que tivo un brillante comezo de Liga gañando tres partidos nas catro primeiras xornadas, incluido un 3-5 na Fraga, pero nos nove encontros seguintes só puido conseguir unha vitoria, iso si, 10-2 ó Ventorillo, e dous empates, e levan tres derrotas seguidas.

Nas dúas visitas anteriores do Esteo a Benavente, 5-4 e 6-3. Son undécimos con 14 puntos, e os ponteses teñen tres puntos máis, e deben tratar de sacar algo positivo nesta visita pois despois visita a Fraga o segundo clasificado Universidade de Valladolid.

SEGUNDA DIVISIÓN B (14ª xornada)
ATLÉTICO BENAVENTE FS-O ESTEO FS
Sábado 20 – Xaneiro – 2018 (19:00)
La Rosaleda

Liga da Terra Chá – Sábado 20 –
Cadete. Cospeito-O Esteo (09:30)
Infantil. Cospeito-O Esteo A (10:30)
Infantil. O Esteo B-Vilalba (09:30)
Alevín. O Esteo-Vilalba B (12:30)
Benxamín. O Esteo-Vilalba A (11:30)
Prebenxamín. O Esteo-Vilalba (10:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios