Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro Domingo día 21 de Xaneiro disputarase a xornada número 10 na Liga Local de Futbol Sala.

207

Penúltima desta primeira volta dunha liga que está a ser moi igualada tanto nos postos de privilixeo da clasificación como nos postos de metade da táboa onde a igualdade esta a ser máxima.

A xornada arrincará có encontro entre o Husse-Barbarroja e o UB2 Group-Pub Plaza dous conxuntos empatados a 6 puntos na zona baixa da clasificación pero que chegan a este encontro con distintas sensacións. O Husse-Barbarroja ven de colleitar unha abultada derrota 7-2 ante os Tritós-Desguaces Vilabella pola contra o UB2 Group-Pub Plaza chega a este a encontro tras dar a sorpresa a pasada xornada gañandolle ao Colormix por 5-2 polo que son lixeiramente favoritos a conseguir a vitoria.

A continuación Ribadeume Futsal e Colormix veranse as caras nun encontro ao que ambos conxuntos chegan en condicións moi distintas xa que o Ribadeume ven de golear ao colista mentras que o Colormix ven de perder a súa condición de invicto polo que se espera que sexa un partido igualado no que ámbolos dous conxuntos buscaran unha victoria que lles permita seguir loitando por estar o mais arriba posible na clasificación.

Ás seis da tarde o líder, O Novostylo Peluqueros enfrontarase a O Esteo F.S. “B” nun encontro no que o líder parte como favorito para levarse a vitoria final pero non debe fiarse dun O Esteo F.S. “B” capaz de o mellor e o peor.

Ás sete da tarde o Colista Matojoma NG UB2 F.S. e A Cova dos Trasnos enfrontaranse nun encontro onde os de A Cova son os claros favoritos polo que se espera unha goleada de escándalo vendo a traxectoria de ambos conxuntos.

Cerrará a xornada as oito do seran o encontro entre o Pub Mania-Las Torres e Os Tritós-Desguaces Vilabella que tan só cedeu puntos cós tres primeiros clasificados polo que está a ser sen dúbida o equipo revelación da presente tempada e é favorito a vitoria ante un Pub Mania-Las Torres que busca sair dos postos baixos da clasificación.

A continuación dexamosvos cós horarios dos emparellamentos desta xornada

16:00 h. HUSSE-BABARROJA – UB2 GROUP-PUB PLAZA
17:00 h. RIBADEUME FUTSAL – COLORMIX
18:00 h. NOVOSTYLO PELUQUEROS – O ESTEO F.S. “B”
19:00 h. MATOJOMA NG UB2 F.S. – A COVA DOS TRASNOS
20:00 h. PUB MANIA-LAS TORRES – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
DESCANSA ANDAINA-CENTRO FUTBOL

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios