SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: ATLÉTICO BENAVENTE FS-O ESTEO FS (6-5)

Curioso partido que comezou perdendo o equipo pontés 4-0, para logo remontar 4-5, e acabar perdendo.

242

Derrota do Esteo pontés de fútbol sala ante un rival directo, que lle iguala na clasificación e superao no goal average, pois o equipo de Zamora gañara na Fraga no inicio de Liga 3-5.

Coma un vendaval comezaron no encontro de onte os locais, pois mediada a primeira parte xa gañaban 4-0, pero o equipo pontés, a pesar de que, como ven sendo habitual, apenas tiña rotacións, e por riba quedou cun xogador menos, situouse 4-2 antes do descanso con ambos tantos de Martín.

Nun gran inicio de segundo tempo chegaron a poñerse 4-4, con dous tantos de Ayala, e darlle a volta ó marcador, 4-5, cun tanto de Gago, pero dous goles do ex xogador do Cidade de Narón, Malaguti, nos derradeiros minutos, deixaron os tres puntos na casa.

Sorte do empate 3-3 entre Ventorrillo e Leis, e da derrota do Arroyo pola mínima, que os ponteses, cuartos pola cola con 17 puntos, manteñen a estes tres equipos a oito e dez puntos respectivamente. Na vindeira xornada reciben ó Universidade de Valladolid, terceiro.

FICHA DO PARTIDO

ATLÉTICO BENAVENTE FS: Mañanes, Escudero, Joselu, Malaguti, Charlie -cinco inicial- Cala, Samu, Vázquez, Álvaro, Christian, Tomy.

O ESTEO FS: Jesús, Martín, Héctor, Gago, Ayala – cinco inicial – Rober Paz, Diego, Dani.

ÁRBITROS: Prego González, Molina Muñoz, Martínez Míguez (Salamanca-Zamora). Amarela a Escudero, Charlie, Tomy, e expulsados Álvaro e Dani.

GOLES: Min. 3 (1-0), Escudero. Min. 7 (2-0), Cala. Min.8 (3-0), Álvaro. Min. 11 (4-0), Malaguti. Min. 12 (4-1), Martín. Min.18 (4-2), Martín. Min. 21 (4-3), Ayala. Min. 31 (4-4), Ayala. Min. 32 (4-5), Gago. Min.34 (5-5), Malaguti. Min. 36 (6-5), Malaguti.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal La Rosaleda. Uns 200 espectadores.

Liga da Terra Chá
Cadete. Cospeito-O Esteo (0-3)
Infantil. Cospeito-O Esteo A (3-5)
Infantil. O Esteo B-Vilalba (1-0)
Alevín. O Esteo-Vilalba B (7-1)
Benxamín. O Esteo-Vilalba A (4-1)
Prebenxamín. O Esteo-Vilalba (4-0)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios