LIGA DE VETERANOS 2017-18

O Mav Abogados continúa liderando con tres puntos de ventaxa

357

Decimoterceira xornada na Liga de veteranos na que continúa a poxa entre Mav Abogados e Muebles Eume. O líder gañou 3-1 Á Cepa, mentres o segundo clasificado 2-0 ó Bar Jardín.

Destacar nesta xornada a vitoria do colista Electricidad J&O e a goleada 8-0 de La Galaxia, que fai que ademais Juan se distancie na táboa de goleadores. Suma 19 goles, por 14 de Tomás e Kivo, 13 de Fernández e 11 de Óscar Dorado.

Na clasificación lidera Mav Abogados con 36 puntos, por 33 de Muebles Eume e 28 de La Galaxia. Na zona media A Cepa suma 20, por 19 de Galiorient e 16 de Bar Jardín e Farmavida. Na zona baixa, MMYPEN ten 9, 7 para As Pontes 74, e 6 para Electricidad J&O.

RESULTADOS 13ª XORNADA

MAV Abogados-A Cepa (3-1) (Juan Diego 1, Iván 2 / Ramón)
Galiorient-Electricidad J &O (1-2) (Tomás / Cristóbal 2)
La Galaxia-As Pontes 74 (8-0) (Juan 3, Sito 2, Nene, Oscar, Sergio)
MMYPEN-Farmavida (1-2) (Franco / Manolo, Rafa)
Bar Jardín Lecar 712-Muebles Eume (0-2) (Quinto, Lucho)

CALENDARIO 14ª XORNADA

27/01/2018 19:00 MMYPEM – ELECTRICIDAD J&O
27/01/2018 20:00 LA GALAXIA – MUEBLES EUME
28/01/2018 10:00 GALIORIENT – AS PONTES 74
28/01/2018 11:00 A CEPA – BAR JARDÍN
28/01/2018 12:00 FARMAVIDA – MAV ABOGADOS

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tino Prieto

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios