Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro domingo día 28 de Xaneiro terá lugar a disputa da xornada nº 11, derradeira da primeira volta da presente tempada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes.

198

Unha xornada na que lle toca descansar ao Novostylo Peluqueros, líder da competición e que con toda probabilidade perderá esa condición ao remate da mesma xa que os seus inmediatos perseguidores enfrontanse a rivais mais ou menos asequibles.

A xornada comezará ás catro da tarde co enfrontamento entre UB2 Group-Pub Plaza, que despois de gañarlle a un dos candidatos ao título de Liga como o Colormix e levarse a vitoria na pasada xornada sen disputar o encontro ante o Husse-Barbarroja, busca a súa terceira vitoria consecutiva enfrontándose ao Pub Mania-Las Torres nun encontro que se prevé igualado entre dous conxuntos da zona baixa da táboa clasificatoria.

A continuación un dos equipos con mais veteranos nisto do futbol sala como é A Cova dos Trasnos enfrontase a un O Esteo F.S. “B” ao que precisamente a falta experiencia en momentos puntuais nalgún encontro privouno de ter algún punto mais no seu casilleiro polo que os de A Cova parten coma favoritos á vitoria final e a colocarse líderes da clasificación.

Ás seis da tarde Andaina-Centro Futbol verase as caras có que sen dubida é o equipo revelación desta primeira volta da Liga Os Tritós-Desguaces Vilabella que na tempada do seu debut tan só perdeu cós tres primeiros clasificados, ainda así o encontro prevese que sexa moi disputado entre dous conxuntos separados tan só por 3 puntos na clasificación.

Ás sete da tarde Ribadeume Futsal mediráse ao Husse-Barbarroja nun encontro no que todo pode pasar entre dous conxuntos que buscaran a vitoria dende o inicio e no que o Ribadeume Futsal parte lixeiramente como favorito para conseguir esa vitoria para non quedarse en terra de ninguen na táboa clasificatoria.

Cerrará a xornada o encontro entre o Colormix eo colista o Matojoma NG UB2 F.S. conxunto que pode quedar sen puntuar nesta primeira volta xa que non o terá nada fácil diante dun Colormix que busca aproveitar o descanso do líder para darlle caza.

A continuación deixamosvos cós horarios dos emparellamentos desta xornada nº 11

Ás 16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – PUB MANIA-LAS TORRES
Ás 17:00 h. A COVA DOS TRASNOS – O ESTEO F.S. “B”
Ás 18:00 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
Ás 19:00 h. RIBADEUME FUTSAL – HUSSE-BARBARROJA
Ás 20:00 h. COLORMIX – MATOJOMA NG UB2 F.S.
DESCANSA – NOVOSTYLO PELUQUEROS

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios