O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo recibe este sábado ó Universidade de Valladolid

264

O Esteo pontés de fútbol sala recibe este sábado ó Universidade de Valladolid, un dos mellores equipos da categoría.

Terceiro clasificado con 25 puntos, os vallisoletanos son un oso duro de roer, pois na Fraga en catro campañas na Segunda B, houbo un 1-5, un 4-4, e un 2-5, excepto un 3-1, o único triunfo local, na pasada tempada.

Os ponteses son cuartos pola cola con 17 puntos, por sorte, con 8 por riba de Leis e Ventorrillo e dez sobre o Arroyo.

SEGUNDA DIVISIÓN B (15ª xornada)
O ESTEO FS-CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID
Sábado 27 – Xaneiro – 2018 (18:30)
Pavillón de A Fraga

Liga da Terra Chá – Sábado 27 –
Cadete. O Esteo-Vilalba A (11:30)
Infantil. O Esteo B-Guitiriz A (9:30)
Alevín. O Esteo-Guitiriz B (10:30)
Benxamín. O Esteo-Guitiriz A (12:30)
Prebenxamín. O Esteo-Guitiriz A (13:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios