Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro domingo día 19 de Febreiro terá lugar a celebración dunha nova xornada da Liga Local de Futbol Sala.

497

Unha xornada na que os tres primeros da clasificación xeral provisional terán rivais relativamente asequibles polo que salvo algunha sorpresa seguirá todo igual ao finalizar a xornada.

Esta décimocuarta xornada arrincará ás catro da tarde co encontro entre o UB2 Group-Pub Plaza e A Cova dos Trasnos. Encontro onde o UB2 Group-Pub Plaza capaz de gañarlle ao Colormix, colider da competición, tentará volver a dar outra sorpresa nun partido no que non parte como favorito á vitoria final. No encontro da primeira volta o resultado foi de 3-1 a favor dos de A Cova.

A continuación, Os Tritós-Desguaces Vilabella e O Esteo F.S. “B” veranse as caras nun encontro no que Os Tritós despois de comezar a segunda volta da liga, igual que o fixera na primeira, con dúas derrotas ante os mesmos rivais tentará voltar á boa xeira de resultados a costa dun O Esteo F.S. “B” que ven de descansar na xornada anterior e que tentará dar a sorpresa nun partido onde non parte favorito.

Ás seis da tarde enfrontarase Pub Mania-Las Torres e o Husse-Barbarroja dous conxuntos da parte baixa da táboa clasificatoria que veñen de colleitar resultados desiguais na pasada xornada. Mentras que o Pub Mania-Las Torres caía derrotado ante Colormix o Husse-Barbarroja conseguía impoñerse por 8-6 ao colista o Matojoma NG Ub2 F.S. despois de ir perdendo por 0 goles a 4 nun partido de tolos o que lle da unha pequena ventaxa de cara a conseguir a vitoria neste encontro.

Ás sete da tarde mediranse dous conxuntos, o Andaina-Centro Futbol e o Colormix, que practican un Futbol Sala moi similar, pouco vistoso pero efectivo, con poucos goles nos seus encontros. Ambos conxuntos buscaran unha vitoria para meterlles presión aos seus predecesores na clasificación xa que no caso do Andaina-Centro Futbol está a pelar polo quinto posto que neste momento ocupa o Ribadeume Futsal con dous puntos mais que eles e no caso do Colormix está empatado co Novostylo Peluqueros no mais alto da clasificación.

Polo que para cerrar esta xornada ás oito do seran Novostylo Peluqueros e Ribadeume Futsal enfrontaranse nun encontro no que o Novostylo parte como favorito á vitoria final pero non debe fiarse dun Ribadeume Futsal que está a ser moi irregular en canto a xogo é resultados nesta tempada.

A continuación deixamosvos cos horarios dos encontros desta xornada nº 14 do campeonato

Ás 16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – A COVA DOS TRASNOS
Ás 17:00 h. OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA – O ESTEO F.S. “B”
Ás 18:00 h. PUB MANIA-LAS TORRES – HUSSE-BARBARROJA
Ás 19:00 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – COLORMIX
Ás 20:00 h. NOVOSTYLO PELUQUEROS – RIBADEUME FUTSAL
DESCANSA – MATOJOMA NG UB2 F.S.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios